COGAMI pon en marcha en Pontevedra unha nova acción formativa en Xestión de Stock e Manexo de Carretilla Elevadora, ao abeiro do programa Máis Emprego, impulsado pola Fundación “la Caixa” e o FSE Plus. Nesta formación participan 10 persoas (9 homes e 1 muller) con idades comprendidas entre os 23 e 57 anos dos concellos de Pontevedra, Marín, Sanxenxo e Vilagarcía.
Como parte do programa, as persoas participantes teñen a oportunidade de realizar prácticas formativas de 60 horas en empresas da contorna de Pontevedra como ALUDEC, NUMARSI (NUESTRO MAR DE SIEMPRE), Krack The Walk, IMPROTECH SOLUCIONES, GLS e Comercial Custodio, adquirindo experiencia que lles permitirá mellorar a súa empregabilidade e complementar o seu currículo.
Programa Máis Emprego.
O programa de inserción sociolaboral Máis Emprego de COGAMI desenvólvese en Pontevedra, Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo co fin de lograr a inclusión laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, como é o caso das persoas con discapacidade. O programa, financiado pola Fundación ”la Caixa” e o Fondo Social Europeo Plus, destaca por ofrecer formación especializada e itinerarios