HomePontevedraO CondadoComeza a Segunda Ruta Pinchoterra os xoves do mes de abril

Comeza a Segunda Ruta Pinchoterra os xoves do mes de abril

- Anuncio -spot_img

O Concello de Salvaterra de Miño e hostaleiros de Salvaterra de Miño xa están preparados para a que será a II Ruta Pinchoterra que terá lugar os xoves e venres do mes de abril. 

Serán en total oito días nos que o público poderá achegarse ós 25 establecementos participantes para degustar as diferentes propostas gastronómicas elaboradas para a ocasión. Trátase de pinchos cunha elaboración coidada a un prezo de 3 euros que poderán consultar a través da páxina web da ruta. 

En pinchoterra.concellodesalvaterra.com atoparán horarios de cada local, ubicacións, imaxes dos pinchos e premios. Recordamos que os clientes deberán selar en cada pasaporte con 6 selos diferentes e votar polo seu pincho favorito depositando a papeleta nalgunha das urnas para entrar no sorteo dun vale de 200, outro de 100 e un terceiro de 75 euros para gastar nos establecementos adheridos ademais de 35 premios máis. 

Unha vez rematada a ruta, entre todos os pasaportes cubertos, coñeceremos o pincho gañador que se levará unha noite con almorzo e spa para dúas persoas.

Publicacións Relacionadas