Hoxe temos a ledicia de presentar o 4º CICLO DE CIN DE INVERNO do Concello de Salvaterra de Miño.
Como ven sendo costume en Salvaterra, o comezo dun novo ano trae consigo o xa habitual Ciclo de Cine de Inverno, unha alternativa de ocio cinematográfico para pasar as noites do sábado e as tardes do domingo.
Dende o 20 de XANEIRO ata o 10 de MARZO, nenos e maiores poderán gozar dunha oferta coas estreas do ano 2022 e 2023 que cumprirán as expectativas dos espectadores.
Os sábado ás 22:00 da noite e os domingos ás 17:00 horas(sesión infantil) no salón de actos da Casa de Cultura temos unha cita cinematográfica DE BALDE.
Xa sabedes, comeza este 2024 cun inverno de cine!!
Agardámosvos!!

