HomeVigoO PorriñoComezan as obras de pavimentación no Camiño da Louriña en Pontellas

Comezan as obras de pavimentación no Camiño da Louriña en Pontellas

- Anuncio -spot_img

 O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o concelleiros Ramón Porto e Bienvenido Estévez, supervisaron o avance dos traballos

 A actuación forma parte dun investimento global de máis de 73.000 euros no que se inclúen outroncamiño en Pontellas e dous máis na parroquia de Atios

O Concello do Porriño vén de iniciar as obras de pavimentación nonCamiño da Louriña, na parroquia de Pontellas, unha das actuacións incluídas no proxecto de mellora denviarios municipais financiado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ao abeiro do PlannCamiña Rural 2025-2026.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o concelleiros, Ramón Porto e Bienvenido Estévez,ndesprazáronse ata a zona para comprobar o avance dos primeiros traballos, centrados na limpeza, ondesbroce e a preparación do firme previo ao asfaltado. A intervención forma parte dun investimentonglobal de máis de 73.000 euros no que se inclúen outro camiño en Pontellas e dous máis na parroquia denAtios.

Lorenzo destacou que “a posta en marcha desta actuación responde a unha demanda da veciñanza ensuporá unha mellora substancial na seguridade e comodidade das comunicacións interiores. Esta é unhanactuación máis nas nosas parroquias, nas que sempre estamos a traballar para que dispoñan e conten cosnservizos básicos que merecen”.

O estado do firme facía necesaria esta intervención, que permitirá dotar o camiño dun pavimento segurone duradeiro. O Camiño da Louriña, cunha lonxitude de 270 metros e un ancho medio de 7 metros, é unndos catro viarios incluídos neste proxecto municipal. O Concello prevé iniciar a obra de Galegos en Atiosnantes de rematar o ano, mentres que o Camiño Outeiro (Pontellas) e o Camiño da Torre (Atios) quedannprogramados para o ano 2026.

Con esta actuación, o Concello do Porriño continúa executando a súa liña estratéxica de mellora dasninfraestruturas do rural, reforzando a seguridade viaria e respondendo ás necesidades da veciñanza.

Publicacións Relacionadas