Home Pontevedra O Condado Comezan as obreas danova Escola Pública Infantil

Comezan as obreas danova Escola Pública Infantil

- Anuncio -

A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro e a concelleira de Urbanismo, Silvia F. Táboas achegaronse ao parque Ferro-Ucha para supervisar o replanteo da obras da nova escola infantil municipal situada nunha parcela co uso para equipamento público ubicada na rúa Trovador Xoán García de Guillade na contorna do parque Ferro-Ucha. No terreo mantiveron unha reunión coa coa dirección facultativa; arquitecta, director de execución, xefe de obra e empresa construtora.

A nova escola infantil estará nunha parcela de máis de 2.000m2 na que as nenas e os nenos poderán desfrutar dunha contorna verde ampla. O novo edificio contempla seis aulas, sala de usos múltiples, espazo para lavandería, cociña, almacén, despachos para coidadoras/es, vestiario, e un patio exterior de 50 m2.

De planta baixa, as aulas serán superiores aos 30 m2 e as destinadas a menores de dous anos disporán de áreas diferenciadas para descanso e hixiene. Dende todas as aulas poderase acceder ao patio interior que terá un voo con cuberta plana para protexelo da incidencia solar directa en caso de necesidade. O edificio estará delimitado por un cerramento exterior de malla, delimitado así tres zonas de patio vexetal protexidas. Estes patios, ao contrario do interior terán céspede e árbores, serán zonas para a realización de actividades en contacto coa natureza como a disposición de hortas, pero protexidos da contorna urbana próxima.

A concelleira de Urbanismo sinala a importancia destas obras históricamente demandadas polas familias e que este goberno foi capaz de comezar para que as nenas e os nenos de Ponteareas dispoñan dun espazo agradable, amplo, aberto á contorna natural, actualizado e coas medidas de seguridade requeridas polas normativas actuais. “É fundamental dotar de espazos de calidade para o día a día por iso este goberno insistíu en axilizar as obras máis importantes como as realizadas nos centros educativos e nas aulas do CRA A Picaraña, tamén agora coa redacción do proxecto da nova biblioteca ou a apertura da sede da UNED, edificios que dan vida, que dinamizan e que posibilitan que a nosa infancia e mocidade teñan onde estudar e avanzar”.

Relacionadas

Regresan as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega durante a Ponte da Constitución

0
A oferta de visitas guiadas ao Castro de Santa Trega sempre tiveron unha excelente collida entre veciños e visitantes que escollen A Guarda ou...

Black Friday mosense, solidario con Valencia

0
Os 34 microondas comprados por asociacións, empresas e particulares xa chegaron a destino e se atopan dando servizo ao pobo valencián afectado pola Dana A...

A música do Conservatorio e da Escola de Música de Tui súmase á maxia...

0
O Teatro Municipal e o novo espazo cultural da rúa Camilo José Cela serán os seus escenarios os días 11, 17, 18 e 19...

A Deputación acolle no Pazo provincial a conferencia sobre a vida olímpica de Teresa...

0
A deputada provincial María Ramallo presentou a actividade, que está enmarcada en Unha vida olímpica, unha alianza entre a institución e a piragüista co...

Luis López súmase á convocatoria da Xunta de Galicia no acto “Queremos Ave Vigo-Oporto”

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sumouse esta mañá no Auditorio de Afundación de Vigo ao acto convocado pola Xunta de Galicia...

O segundo mercado aberto de comercio local, Queda en Mos, arranca o venres co...

0
Ata 19 negocios mosenses estarán co seu producto do 6 ao 8 de decembro no Pazo de MosMúsica, actividades en familia, obradoiros e artesanía...

Publicacións Relacionadas