Home Deputacións Deputación Pontevedra Comezan as visitas ás camelias do Xardín de Excelencia do Castelo de...

Comezan as visitas ás camelias do Xardín de Excelencia do Castelo de Soutomaior

- Anuncio -

Este xoves 2 de febreiro arrancan as rutas guiadas, mentres que o sábado 4 comezarán as visitas caracterizadas. En total, a Deputación oferta nesta edición 900 prazas

Desde este xoves 2 de febreiro e ata o 30 de marzo a Deputación retoma as visitas ás camelias do Xardín de Excelencia do Castelo de Soutomaior, coincidindo coa súa etapa de floración. As rutas arrancan este xoves ás 16.30 horas coa primeira das Visitas Guiadas, mentres que o sábado 4 comezarán as Visitas Caracterizadas, que terán dúas sesións diarias ás 12 e ás 16 horas. En total, a institución provincial oferta nesta nova edición das rutas 900 prazas e as persoas interesadas poden adquirir os seus tickets na web www.castelodesoutomaior.com.

As Visitas Guiadas son rutas polos xardíns guiadas por persoal especializado do Castelo e centradas na floración dos distintos tipos de camelia. Contarase a evolución histórica desta especie, así como as variedades máis significativas deste xardín. Serán 17 sesións cun total de 340 prazas (cun máximo de 20 cada unha) e despois da xornada deste xoves, continuarán neste mes de febreiro os días 2, 7, 9, 14, 16, 21, 23 e 28 e, en marzo, o día 2, 7, 9, 14, 16, 21, 23, 28 e 30. O prezo é de 3€.

Por outra banda, as Visitas Caracterizadas estarán protagonizadas por actrices que encarnarán a María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Coco Chanel, que amosarán os xardíns de Camelia. Despois, as persoas participantes poderán visitar o Castelo de Soutomaior de maneira autoguiada e gratuíta. Serán un total de 28 sesións con 560 prazas (tamén 2o cada unha), que comezarán o vindeiro sábado 4 e continuarán en febreiro os días 5, 11, 12, 18, 19 e 25 e en marzo celebraranse o 4, 5, 11, 12, 18, 19 e 25. O prezo é de 8€.

Amais de coñecer as variedades de camelias do Xardín de Excelencia Internacional do Castelo, así como a súa orixe, coidados e curiosidades, a visita inclúe tamén o percorrido polo “Xardín de Camelia con nome de muller”, quE inclúe exemplares en honor de María Vinyals, Rosalía de Castro, Bella Otero, Jane Andresen, Sofía Novoa, Emilia Pardo Bazán, Juana de Vega, Jimena Fernández de la Vega e María Casares. As visitas guiadas ofrecen tamén a posibilidade de coñecer á plantación de té de camelia existente nos Xardíns.

Relacionadas

Tomiño con acento francés

0
O IES Antón Alonso Ríos recibe ao alumnado do Lycée Boucher de Perthes tras o paso do estudantado tomiñés por Abbeville o pasado mes...

O concello de Nigrán celebra este martes o ‘Día do Libro’ co roteiro literario...

0
O roteiro sae de Madorra ás 17:00 horas e hai que rexistrarse con antelación. O contacontos interactivo e participativo 'Escola de Dragones' terá lugar...

O Rosal, un dos primeiros concellos de España que licita un campo de fútbol...

0
Cun orzamento de case 335.ooo euros as empresas e entidades interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 2 de maio O Concello do Rosal...

A agrupación local homenaxeou ás compañeiras e compañeiros máis veteranos do PSdeG-PSOE en...

0
O acto celebrouse no Centro Cultural de Guláns e contou coa  participación de José Ramón Gómez Besteiro Voceiro Parlamentario do PSdeG e David Regades...

O persoal municipal do Concello de Baiona repara os danos na iluminación pola tormenta

0
A tormenta eléctrica rexistrada do pasado 1 de abril provocou numerosos danos e avarías na iluminación pública municipal. Desde entón, o servizo municipal de...

Aberta a inscrición no tradicional concurso dos maios

0
O Concello de Pontevedra abriu onte o prazo de inscrición do tradicional concurso dos maios que se celebrará o vindeiro 1 de maio na...

Publicacións Relacionadas