Home Pontevedra Deza Comezan os traballos en Vila de Cruces por case 1 millón de...

Comezan os traballos en Vila de Cruces por case 1 millón de euros, grazas ao apoio da Deputación de Pontevedra

- Anuncio -

• Taboada comproba o inicio das obras dun camiño peonil seguro ao instituto, ao Centro de Saúde e ao Tanatorio, ao que segue nos próximos dias o comezo das obras da C/ Vázquez.

Taboada afirma “agradezo o apoio recibido pola Deputación de Pontevedra, aínda que se é certo que o goberno de Xuntos tivo que solicitar as axudas e presentar os proxectos, non é menos certo que a Deputación coa súa presidenta Carmela Silva a cabeza, souberon escoitar os meus proxectos, e non só iso senón que investiron eles mais nun ano en Vila de Cruces, que a Xunta de Galicia en 3 anos, e con moita diferenza”.

Taboada estivo comprobando como están a realizar os traballos de dotar dun camiño peonil seguro ao instituto, ao centro de saúde e ao tanatorio cunha senda peonil de ancho variable, cun mínimo de 2,5 metros na súa marxe dereita, facéndoo coincidir co IES Marco do Camballón. Creando un “camiño escolar seguro” para o alumnado deste centro educativo, pero tamén sirve para dar maior seguridade aos accesos de dotacións próximas e moi utilizadas pola cidadanía, como e o Centro de Saúde, o Tanatorio, o Cemiterio, ou o Campo de Fútbol, o proxecto ten un custo de 182.033 € dos que a Deputación achegará o 80% e o consistorio o 20% restante. A isto témoslle que sumar que en breve comezarán os traballos na rúa Vázquez, (uns traballos, nos que recorda o alcalde que o BNG votou en contra de facelo, preferindo perder a subvención), cun investimento de 892.360€ dos que a Deputación de Pontevedra achega 596.681€.

Algo totalmente oposto ao que está a investir a Xunta de Galicia en Vila de Cruces, que este ano investiron 385.000, dos cales 300.000 serán no Mosteiro, cando ao concello de Rodeiro déronlle 2.000.000€ e ao de Dozón 1.300.000€, é máis non se molestan nin en atender as constantes peticións que desde o goberno realízanselle para que comproben o estado dos Centros de Ensino da Vila ao longo destes 3 últimos anos, pero isto estalles servindo ao goberno de Xuntos para comprobar a pouca forza que ten Jesús Otero, que non é capaz de conseguir que o seu partido invista en Cruces, e unha vez máis Taboada demostra que con traballo diario pódense conseguir facer investimentos á marxe de que a oposición soamente dedíquese a poñer paus nas rodas.

Relacionadas

O Alcalde Luciano Otero Apoia a veciñanza na Loita pola EP-2702

0
No día de hoxe, o Alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiu ao pleno da Deputación de Pontevedra acompañando aos verdadeiros heroes: os...

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A Campaña de Verán da Xunta de Galicia presenta un Campo de Voluntariado nas...

0
• Conta con 20 prazas para participantes de 18 a 30 anos e desenvolverase entre o 23 de xullo e o 3 de agosto •...

Cuntis habilita un novo punto de recarga para vehículos eléctricos na Rúa Xoán Xesús...

0
• O dispositivo leva en funcionamento desde hai aproximadamente un mes e foi adquirido e instalado polo Concello a través de fondos propios, sumándose...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

Publicacións Relacionadas