Ponteareas 27 de febreiro: No día de hoxe comezaron as obras de renovación do pintado para reforzar á seguridade viaria no paso de peóns que está na capela dos Remedios. Esta actuación está dentro das previstas polo goberno central e que xa anunciou o pasado día 8 de febreiro o delegado do goberno.
Conxuntamente co pintado, que tivo que atrasarse uns días debido a que as condicións meteorolóxicas non acompañaron para un bo secado, tamén se procederá a colocación de un semáforo de pulsador para incrementar a seguridade en dito paso de peóns.
Dende o PSdeG de Ponteareas, Delfín Domínguez quere por en valor estas actuacións, así como, que ó proxecto da Nacional 120 siga dando pasos de cara a súa execución.
“Os socialistas de Ponteareas seguiremos de preto as distintas fases que ten que pasar o proxecto, para que estas non sufran atrasos e poidan así cumprirse os prazos mais curtos posibles”.
A Ponteareas da xente#delfínalcalde



