Home Pontevedra Deza Complicidade entre o alcalde Manu Lourenzo e a delegada da Xunta Ana...

Complicidade entre o alcalde Manu Lourenzo e a delegada da Xunta Ana Ortiz na súa visita a Soutomaior

- Anuncio -

O alcalde acompañou á delegada da Xunta en Vigo e á directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, na súa visita para coñecer o proxecto do Goberno de Soutomaior para humanizar o Camiño de Santiago ao seu paso polas rúas Coutada e Fonte do Conde.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, recibiu este luns á delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto. A visita institucional tiña por obxectivo coñecer o ámbito de actuación da obra que o Goberno local vai levar a cabo para humanizar o Camiño de Santiago ao seu paso polas rúas Coutada e Fonte do Conde.

Unha obra que se vai levar a cabo grazas a que o Goberno de Soutomaior conseguiu unha nova subvención por valor de 370 mil euros ao abeiro do Fondo de Cooperación Local destinado á realización de investimentos en infraestruturas municipais de carácter estratéxico da Xunta de Galicia.

Durante toda a visita ao ámbito de actuación foi visible a complicidade entre o alcalde e as dúas representantes da Xunta de Galicia, que destacaron o gran traballo feito polo Goberno local á hora de presentar este proxecto (redactado pola empresa Enurcoin,  liderada polo prestixioso enxeñeiro Enrique Urcola, decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia) e situarse entre a vintena de concellos que acadaron finalmente a subvención.

Pola súa parte, o alcalde Manu Lourenzo agradeceu a boa disposición tanto da delegada da Xunta como da directora xeral para que o proxecto saia adiante, e animou á colaboración e traballo mútuos entre ambas as dúas institucións para que a obra de humanización nesta zona de carácter estratéxico sexa unha realidade canto antes.

En concreto, o Concello de Soutomaior deberá facerse cargo dun 50% do investimento necesario para a realización da obra, mentres que o restante irá a cargo da subvención da Xunta conseguida polo Goberno local. En total serán uns 750.000 euros, dos que 150.000 irán destinados a renovar a rede de sumidoiros e a protexer o fondo da Ría de Vigo de verteduras.

Sobre o proxecto de humanización, Manu Lourenzo sinalou que “esta obra vai ser un antes e un despois para o núcleo urbano de Arcade, que se suma a outros proxectos de modelo urbano que xa temos abertos e madurados en diferentes etapas e que nos van permitir desconxestionar o entramado de tráfico que é agora mesmo o centro urbano de Arcade. Trátase dun proxecto co que imos mellorar por completo a concepción urbanística dunha das vías máis transitadas do núcleo urbano de Arcade e que é usada tanto pola veciñanza como polos milleiros de peregrinos e peregrinas que chegan a Soutomaior”.

Relacionadas

O BNG pide inspeccións e unha ordenanza que regule o avance descontrolado dos pisos...

0
A fronte nacionalista esixe que o Goberno local actúe dunha vez para frear esta “ameaza ultraespeculativa”, un dos principais obstáculos para acceder a unha...

A Deputación abre a partir deste mércores o período voluntario de pago de taxas...

0
O ORAL encargarase da xestión e recadación dun total de 60 conceptos de taxas de 30 concellos da provincia, que se poderán pagar en...

A Deputación converte a creación contemporánea e a reivindicación de figuras e iniciativas culturais...

0
Rafa Domínguez: “A programación está marcada pola recuperación da Bienal, un acontecemento moi importante desde o punto de vista artístico, cultural e turístico” Xunto á...

A Deputación presenta ante centos de persoas en Moraña e A Lama os programas...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, reuniuse co movemento asociativo e veciñal de Moraña e A Lama para dar a coñecer as...

Charla informativa sobre acollemento familiar no Centro Cultural Municipal do Porriño

0
• Será este xoves, 6 de febreiro, ás 18.00 horas Estás pensando en acoller pero non tes claro como facelo? Non sabes en que consiste...

A corporación municipal aproba por unanimidade instar á Xunta de Galicia a convocar a...

0
• Tamén saíron adiante outras mocións relativas ao cauce do río Bispo, a construción dun módulo para embarcacións de remo e outra da celebración...

Publicacións Relacionadas