Home Tabeirós A Estrada Comprometidos co noso patrimonio

Comprometidos co noso patrimonio

- Anuncio -

Queremos que a Torre e o Pazo de Guimarei, así como a casa de Marcial Valladares, pasen a ser propiedade pública

Ao longos dos últimos 12, o goberno do PP de López non se caracterizou por defender e dignificar o noso patrimonio. A Torre e o Pazo de Guimarei é un exemplo, cuxo compromiso deste partido non pasa máis alá que de plasmalo no seu programa electoral. Pero de aí non pasan. Outro tanto poderíamos dicir da pérgola da Alameda que languidece na parte posterior do edificio da Fundación e Exposicións da Estrada.

No BNG xa temos manifestado por activa e por pasiva que conseguir que a Torre e o Pazo de Guimarei pase a propiedade pública é un dos nos principais obxectivos de termos responsabilidades de goberno. Queremos sacar ambos edificios da silveira na que levan anos ocultos para poñelo en valor para uso e desfrute dos veciños e veciñas da Estrada.

Mais no BNG tamén poñemos no foco das nosas prioridades a adquisición da casa de Marcial Valladares, en Vilancosta, na parroquia de Berres. A casa do autor da novela “Maxina ou a filla espúrea” cremos que pode ser o marco no que celebrar todo tipo de eventos relacionados coa cultura, a historia, … e converter ese espazo na casa museo deste insigne escritor e intelectual estradense.

Para saber a onde imos temos que saber de onde vimos. Se non coidamos o noso patrimonio o noso concello dará voltas sen rumbo. No BNG queremos que A Estrada camiñe cara o futuro con rumbo certo.

Relacionadas

A Biblioteca Municipal de Salvaterra amplía o seu catálogo coa compra de máis de...

0
No mes do libro ademais de realizar esta adquisición contaremos con varias actividades:  a Biblioteca Viaxeira e a presentación de Raquel Castro.  O Concello de...

A Deputación concede preto de 50.000 euros ao Concello de Valga para acondicionar a...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíron xa preto de 1,7 millóns de euros entre 25 concellos da provincia de...

O Concello de Nigrán informa que o prazo de solicitude para o Programa Campaña...

0
O Concello de Nigrán informa que o prazo de solicitude para o Programa Campaña deVerán 2024 (campamentos) organizados pola Consellería de Política Social da...

O BNG urxe mobilizar os 213 millóns de remanentes do Concello de Vigo ante...

0
A fronte nacionalista afea que o Goberno de Caballero non teña aclarado aínda o destino destes recursos, malia o risco de seren incautados pola...

Domínguez: “Lores vota a favor das mocións para contentar ao veciños pero, logo, non...

0
• O PP esixe ao alcalde que execute as 11 mocións do PP que foron aprobadas, por unanimidade, durante o presente mandato • O líder...

A Deputación e a Real Academia Galega de Ciencias organizan este xoves dúas conferencias...

0
Enmárcanse no Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos, un programa promovido para achegar a ciencia á sociedade A deputada provincial Isabel Couselo e o presidente...

Publicacións Relacionadas