HomePontevedraA ParadantaCompromiso coa Igualdade coa obra “Costuras” de Andrea Valle

Compromiso coa Igualdade coa obra “Costuras” de Andrea Valle

- Anuncio -spot_img

O Concello de Covelo e a Deputación de Pontevedra ofrecen mañá totalmente de balde a obra “Costuras” no auditorio municipal ás 12:30 horas

O concello de Covelo convida a toda a cidadanía á obra “Costuras” de Andrea Valle que terá lugar mañá mércores día 5 ás 12:30 horas no auditorio municipal.

Organizada en colaboración coa Deputación de Pontevedra no marco do programa “Mulleres en acción. Violencia zero” que entendeu a emerxencia feminista e a urxencia cultural que demandaba o momento e saíu á rúa levando nas súas pezas artísticas as problemáticas da situación actual: visibilizando, sensibilizando e implicando. Este programa aposta polas mulleres artistas que, nesta crise sanitaria, sufriron a cancelación e o aprazamento de case todos os seus proxectos culturais. Ademais do público xeral, tamén asistirá o alumnado do CEIP Antonio Blanco Rodríguez.

Co obxectivo de loitar pola igualdade o Concello de Covelo e a Deputación de Pontevedra ofrecen esta obra interpretada pola artista Andrea Valle que o público poderá desfrutar totalmente de balde.

Publicacións Relacionadas