HomeO SalnésMeañoComunicanco o rural

Comunicanco o rural

- Anuncio -spot_img

O pasado Sábado día 18, en acto público organizado conxuntamente polo BNG de Meaño e Galiza Nova Salnés, abriuse debate sobre a mobilidade no rural, un dereito ó que as distintas administracións públicas non lle prestan a debida atención, máis aló do asfaltado de pistas e algún que outro farol que as ilumine.

Diego Rosal, que se estreaba deste xeito como voceiro do BNG de Meaño, sinalou cales son os problemas de mobilidade en todo o país, nomeadamente no rural meañés, aportando ideas e propostas concretas. No seu discurso destacou que o problema aféctanos a tod@s e a unha poboación en concreto: a xente moza e @s nos@s maiores, que no rural sofre dunha dependencia absoluta do automóbil. Ben para desenrolar a súa vida diaria (alimentación, médico, trámites administrativos, bancos, etc…) no caso dos maiores, ben no ámbito social cultural, formativo, deportivo ou no tempo de lecer no caso das persoas mozas.

Como solución, Diego Rosal propuxo unha serie de propostas totalmente sinxelas e viables, entre elas

  • MICROBÚS e/ou TAXI RURAL, modelos xa consolidados en concellos gobernados polo BNG tales como Allariz ou Pontevedra, que tamén nos daría a posibilidade de trasladarnos a concellos limítrofes e, dende alí, conectarnos co resto da Galiza.
    Un modelo que conectaría as parroquias con Meaño ou Dena, ademais de solucionar moitos problemas, aliviaría o consumo enerxético e incentivaría o comercio local.
  • Moverse de xeito seguro polo rural: Aproveitando que se están a ensanchar as vías polas parroquias, non entendemos como non se deixan espazos marcados polas beiras para que @s veciñ@s poidan camiñar e as persoas en cadeira de rodas poida circular por elas con seguridade.
    Polo tanto, esiximos, que aínda estamos a tempo, volver a pintar as pistas deixando un carril para os peóns e persoas con mobilidade reducida. NON É MOITO PEDIR.

Previamente, Montse Prado, deputada no Parlamento de Galiza, fíxonos unha breve análise da situación a nivel nacional, denunciando o desleixo das administracións, o abandono do rural en temas da mobilidade. Destacou a falta de liñas de bus, de trens (inexistentes na provincia de Lugo) e a falta ou deterioro das vías de comunicación co resto do Estado: caso das pontes da A6 e os abusos da AP9.

André Vidal, responsábel de mobilidade de Galiza Nova, falounos do desastre das liñas de bus, inexistentes ou con horarios imposíbeis no rural do país. Denunciou a incompetencia de quen se entenden competentes na materia, e os intereses creados entre a administración e certas empresas de autobús, nomeadamente Monbús, que desfruta dun auténtico monopolio.
A mobilidade, que é un dereito, convertido en “chiringuito”.

Publicacións Relacionadas