HomePontevedraA LamaConcello da Lama coordina un amplio dispositivo especial con Protección Civil con...

Concello da Lama coordina un amplio dispositivo especial con Protección Civil con motivo da celebración do Santo Cristo de Xende

- Anuncio -spot_img

Operarios municipais remataron os labores de limpeza e acondicionado de viarios así como a habilitación de zonas de estacionamento e instalaron un panel informativo turístico sobre o santuario e o seu entorno

O tenene de alcalde David Carrera e responsables da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Oitavén-Tea mantiveron unha xuntanza de coordinación dun amplo dispositivo de seguridade que se porá operativo durante esta fin de semana para atender e prever calquera problema que se poida producir durante a celebración desta fin de semana dos actos relixiosos do Santo Cristo de Xende.

Por outra banda, operarios municipais e tamén da Deputación de Pontevedra remataron os labores de limpeza e acondicionamento dos viais por onde discurrirá este evento turístico-relixioso. O Concello aproveitou tamén a previsible afluencia de xente para colocar un panel turístico informatico sobre o entorno do santuario do Santo Cristo de Xende.

Responsables da agrupación de Protección Civil Oitavén-Tea desprazáronse ata as inmediacións do Santuario de Xende acompañados polo tenente de alcalde, David Carrera, para deseñar sobre o terreo as liñas xerais de actuación e ordenación do tráfico ante a previsible chegada dun número importante de devotos aos actos relixisos na honra do Santo Cristo.

PREVESE QUE O BO TEMPO E A RECUPERACIÓN DA NORMALIDADE REDUNDE NUNHA MAIOR AFLUENCIA DE DEVOTOS DO SANTO CRISTO

As boas previsións metereolóxicas e a recuperación da normalidade despois da pandemia da Covid-19 fai prever que esta fin de semana se produza unha gran afluencia de devotos ao entorno da igrexa de San Paulo onde está albergado o Santo Cristo de Xende. Así, nestes días e coincidindo coa celebración das Novenas, púdose observar unha gran afluencia de persoas e familias que percorreron os distintos viais que conducen ao Santuario do Santo Cristo de Xende (A Lama).

Publicacións Relacionadas