HomeVigoNigránConcello de Nigrán e Aqualia conmemoran o "Día Mundial da Auga" con...

Concello de Nigrán e Aqualia conmemoran o “Día Mundial da Auga” con sendas visitas á ETAP de Condomínguez

- Anuncio -spot_img

O persoal en prácticas do CEE Juan María pola mañá e os maiores do Centro Municipal de Enfermidades Neurodexenerativas pola tarde visitaron a planta potabilizadora

O Concello de Nigrán e a empresa concesionaria Aqualia conmemoraron hoxe o ‘Día Mundial da Auga’ con sendas visitas guiadas á Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Condomínguez (Priegue). Así, pola mañá acudíu o persoal do CEE Juan María en prácticas de auxiliar administrativo no Concello e, pola tarde, os maiores do Centro Municipal de Enfermidades Neurodexenerativas. En ambos casos poideron coñecer de primeira man o ciclo de depuración da auga e, posteriormente, disfrutaron dunha merenda nas propias instalacións.

O Día Mundial da auga celébrase desde 1992 o 22 de marzo de cada ano e o seu principal obxectivo é xerar conciencia acerca da importancia de coidar os recursos de auga no planeta, un elemento vital para a vida de todas as especies da Terra. Coa celebración desta efeméride preténdese dar a coñecer a crise mundial da auga e a problemática que afrontan millóns de persoas que non teñen acceso á subministración de auga potable, así como as medidas urxentes que se deben tomar respecto diso.

Publicacións Relacionadas