Concello de Nigrán e Centroo de Saúde Val Miñor ofrecen mañá a charla “alimentación saudable e planificación de menús”

adminON
Lectura mínima de 1

A imparte a dietista-nutricionista Marta Losada ás 17:30 horas no Auditorio Municipal, mentras que o mércores 31 ofrecerá xunto a outras profesionais unha sobre alimentación para pacientes con diabete

O Concello de Nigrán colabora coa iniciativa do Centro de Saúde Val Miñor para ofrecer mañá martes 16 de Xaneiro a charla ‘Alimentación saudable e planificación de menús’ ás 17:30 horas no Auditorio Municipal e a cargo da dietista-nutricionista Marta Losada. Igualmente, ofrecerán o mércores 31 de Xaneiro outra xornada adicada á alimentación en pacientes diabéticos e sobre a importancia de tela controlada (11:30, Auditorio Municipal). A entrada é de balde e aberta a toda aquela persoa interesada no tema.

Comparte este artigo