O Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela e o Teatro Municipal de Tui serán os dous espazos de actividade mañá xoves nas festas de San Telmo.
A primeira cita será ás 18 h no Espazo Sociocultural, co segundo concerto do alumnado do Conservatorio Profesional / Elemental e da Escola de Música de Tui nestas festas.
Xa ás 21 h continúa a XVI Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal co grupo Aloia de Pazos de Reis. Estrearán a obra “Taxi”, dirixida por Bego Míguez. Román Bugarín, Miguel Enríquez, Samuel Otero, Eva Pazo, Marta Pazo, Miguel Ángel Pazo, Estela Rey e Merchi Rodríguez dan vida aos distintos personaxes que se pasan por un pintoresco taxi nunha xornada de traballo.
As entradas para esta obra teatral están á venda en tui.gal até mañá mércores ás 18 h, e pode adquirirse tamén dende ás 20 h no despacho de billetes ao prezo de 2€.



