HomePontevedraBaixo MiñoCONCILIAVERÁN 2025 en Tomiño mantén o ritmo: máis deportes, máis actividades e...

CONCILIAVERÁN 2025 en Tomiño mantén o ritmo: máis deportes, máis actividades e o maior investimento da historia

- Anuncio -spot_img

O Concello de Tomiño segue a desenvolver o programa CONCILIAVERÁN, que continuará en agosto coa participación de máis de 600 nenos e nenas en diversas actividades deportivas e formativas, cunha inversión que supera os 50.000 euros ao longo dos dous meses, a cifra máis alta da historia deste programa.

En agosto, as actividades que se prolongan son os campamentos de tenis e pádel. Ademais, este mes desenvolveranse novas propostas que abarcan o atletismo, kung fu, arte, robótica con Lego, campamento musical, patinaxe e piragüismo, ofrecendo unha ampla oferta que atende distintos intereses e fomenta o desenvolvemento integral dos participantes.

A alcaldesa Sandra González afirmou que “levamos anos traballando para mellorar este programa, e nunca antes tivemos unha variedade tan alta de actividades nin unha inversión tan significativa. Seguimos comprometidos coa oferta de actividades que promoven o crecemento persoal, o deporte e a creatividade dos máis novos, sempre pensando na conciliación das familias durante o verán. CONCILIAVERÁN é unha aposta clara pola calidade do tempo libre dos nosos veciños”.

Pola súa banda, o concelleiro Rubén García destacou que “a diversidade e calidade dos campamentos de agosto reforzan o noso programa estival, que busca atender os diferentes gustos e necesidades da infancia e xuventude do Concello. Queremos que cada neno e nena goce dun verán inesquecible e enriquecedor”.

CONCILIAVERÁN é unha das iniciativas máis importantes do Concello co obxectivo de dinamizar o tempo libre durante o verán e promover unha vida activa e saudable entre a poboación máis nova.

Publicacións Relacionadas