Home O Condado As Neves A Xunta anuncia a próxima adxudicación de 102.000 M2 de solo na...

A Xunta anuncia a próxima adxudicación de 102.000 M2 de solo na Plisan, a maior superficie asignada ata o momento

- Anuncio -

— Feijóo reuniuse co director xeral e outros dous representantes da firma Lonza Biologics Porriño S.L.


— A empresa investirá máis de 5,4 millóns de euros na adquisición de catro parcelas e converterase na quinta firma que se asentará na Plataforma loxística e industrial de Salvaterra-As Neves


— Aínda están dispoñibles máis de 134.000 m2 urbanizados, que se poden adquirir en réxime de compravenda ou dereito de superficie

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuníronse esta semana co director de Lonza Biologics Porriño S.L, Keith Dailey, co que abordaron a incorporación da empresa á Plataforma Loxística e industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan).

Lonza investirá máis de 5,4 millóns de euros na adquisición de catro parcelas, en réxime de dereito de superficie, e converterase así na quinta firma que se asentará na Plisan. Trátase da maior adxudicación de superficie de solo empresarial asignada ata o momento na Plisan, 102.000 metros cadrados.

Anteriormente, a conserveira Hijos de Carlos Albo adquirira 63.000 m2 cun valor de case 3,3 millóns de euros en novembro de 2020; a tecnolóxica BETA Implants, pertencente a Arbinova, se fixera con 5.200 m2, cun prezo de 371.000 €, entre marzo de 2021 e o pasado xaneiro; este mesmo mes, a conserveira Frinsa adquiriu de xeito directo 41.000 m2 por 2,2 millóns de euros e a empresa de augas Gainser sumou 2.650 m2 por 190.000 euros.

Deste xeito, confírmase o bo momento da Plisan e o efecto chamada de empresas, tal e como demostra o feito de que chegasen tres firmas no que vai de mes. Así, a superficie total adxudicada xa ascende a 214.000 m2, cun prezo global de adquisición de 11,23 millóns de euros.

Non obstante, aínda están dispoñibles máis de 134.000 m2 urbanizados —31 parcelas—, que se poden adquirir en réxime de compravenda ou dereito de superficie, neste segundo caso cun canon moi reducido. O procedemento para adxudicación directa atópase aberto ata o vindeiro 30 de abril.

Cómpre lembrar que os promotores da Plisan son a Xunta, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo. Unha vez rematen as actuacións actuais, o investimento neste ámbito ascenderá xa a preto de 235 millóns de euros.

Entre as intervencións máis recentes, destaca o remate, o pasado mes de decembro, da obra da estación de tratamento de auga potable (ETAP), executada pola Xunta cun investimento de 5,2 millóns de euros; e da actual adecuación de todas as subministracións de servizos —gas, grupos electróxenos, electricidade, etc.— na zona de comercialización.

A segunda localización de Lonza
Actualmente, Lonza, empresa do sector biotecnolóxico, conta cunha planta no polígono industrial de Torneiros (O Porriño), a uns 20 km da Plisan. Desde 2006, especializouse na fabricación a medida de proteínas recombinantes e anticorpos monoclonais terapéuticos para subministración clínica e comercial.

A compañía conta con ao redor de medio cento de empregados directos e nos últimos anos realizou investimentos en liña co seu compromiso coa sustentabilidade, para mellorar a súa eficiencia enerxética, e reducir o consumo de auga e a xeración de residuos.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas