HomeO CondadoMondariz BalnearioO concello de Mondariz Balneario homenaxea a Castelao no 75 aniversario do...

O concello de Mondariz Balneario homenaxea a Castelao no 75 aniversario do seu pasamento

- Anuncio -spot_img

O día 7 de xaneiro de 1950 falecía Castelao no sanatorio do Centro Galego de Bos Aires e con motivo do 75 aniversario da efeméride, o Concello de Mondariz Balneario súmase aos actos que en este ano 2025 se están a realizar na súa honra. Será este vindeiro sábado día 4 de outubro, a partires das 7 horas da tarde, cando tras o saúdo institucional, descubrirase na praza anexa á Casa do Concello unha placa conmemorativa, para continuar na Sala de Cultura cunha escenificación polo “Obradoiro de teatro para a Memoria de Mondariz Balneario”, a conferencia de Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao, titulada “Castelao: arte e verdade”, e finalizará a actividade cun concerto do cantor Tino Baz. A asistencia está aberta a todas as persoas interesadas en honrar ao Mestre, cuxa pegada en Mondariz Balneario está presente a través do seu legado que lembraremos nesta homenaxe do Concello.

Publicacións Relacionadas