Home O Condado Mondariz AporM apoia a concentración de Mondariz en defensa da sanidade pública do...

AporM apoia a concentración de Mondariz en defensa da sanidade pública do próximo mércores

- Anuncio -

Levará ao pleno ordinario do vindeiro venres, día 24, unha batería de propostas para mellorar o Centro de Saúde local

O portavoz de AporM, Xoán C. Montes Bugarín, anunciou que acudirá á concentración que
prepara a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en Mondariz, a celebrar o vindeiro
mércores, día 22 ás 20:30 h diante do Centro de Saúde.

A maiores, o partido municipalista, que encabezou a lista máis votada nas últimas eleccións
municipais, fixo público que, o próximo venres, día 24, o seu grupo levará ao pleno ordinario de Mondariz unha batería de medidas que pretenden mellorar o centro de saúde da localidade. Estas propostas, que son demandas do persoal sanitario local, son:

1.- O espazo dedicado a reanimación é compartido co de extraccións, cando os profesionais opinan que o desexable sería que fosen espazos separados, diferenciados, para optimizar a atención sanitaria.

2.- É necesario dotar a todos os baños públicos do Centro de Saúde de aireación natural, para mellorar a súa salubridade e hixiene.

3.- Mellorar o acceso ao ambulatorio, de forma que a entrada teña lugar por unha porta diferente á da saída, para evitar a proximidade física entre as persoas usuarias.

4.- Dotar ao exterior do edificio dunha viseira protectora que evite que as persoas usuarias sufran as inclemencias meteorolóxicas –nomeadamente a chuvia– mentres esperan a ser atendidas.

5.- O Pleno da Corporación debe esixir que o SERGAS cubra as baixas dos pediatras e dos médicos, evitando así a saturación das axendas dos profesionais que traballan no centro.

AporM quere dar o seu apoio publicamente á Plataforma en defensa da Sanidade Pública do
Condado. “A sanidade pública é un dereito universal que sostemos cos nosos impostos, polo
que ten que mellorar día a día. Non podemos consentir que a atención sanitaria en Mondariz e no Condado se deteriore e, na vez de mellorar, se deteriore pouco a pouco”, concluíu.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas