O Concello de Ponteareas realiza obras no conservatorio municipal para crear un novo espazo de administración e atención ás familias máis visible e cercano. O concelleiro de Ensino, Ricardo González, explica que se derrubou un tabique nun espazo que, polas súas pequenas dimensións, non ofrecía ningún servizo e ampliouse para destinar a servizo administrativos que quedarán conectados coa entrada do conservatorio a través dunha ventá.
Ricardo González engade que esta intervención posibilitará acondicionar unha sala de espera cómoda e confortable protexida do frío da entrada no espazo que ata agora acollía os servizos administrativos e que agora poderá albergar tamén reunións. “A única sala de espera para alumnado e familias está na propia entrada configurando un espazo de paso con correntes e pouca capacidade”.
A alcaldesa, Nava Castro, adianta que se destinarán importantes esforzos para a actualización e modernización do conservatorio onde nunca se investiron recursos para actualizalo. No conservatorio estudan 220 alumnos e segundo explica a alcaldesa, na actualidade, xa se está a redactar un proxecto que contempla melloras tecnolóxicas e de novas ferramentas.