Home Pontevedra O Condado O concello de Ponteareas instala Mmarquesiñas nos accesos aos pavillóns do complexo...

O concello de Ponteareas instala Mmarquesiñas nos accesos aos pavillóns do complexo Álvaro Pino

- Anuncio -

Coa intención de mellorar a calidade dos servizos ofrecidos á cidadanía o concello de Ponteaeras continúa apostando pola mellora das infraestruturas deportivas. A concellería de Deportes, que dirixe Luis Rodríguez, informa que se veñen de instalar cinco marquesiñas que cobren os accesos aos pavillóns deportivos do complexo Álvaro Pino.

Estas estruturas permiten resgadarse da choiva, protexen da entrada de auga hacia o interior e sinalizan os accesos nunhas instalacións de alto tránsito de persoas usuarias. Despois do investimento realizado na primeira fase das obras de mantemento e conservación do pavillón 1 do complexo deportivo que ascenderon a 48.397,58 € o Concello inviste 10.700€ nestes elementos que protexen ás e aos deportistas dos clubs de hóckey, baloncesto, fútbol sala, bádminton e patinaxe, entre outras disciplinas deportivas. Ademais, tamén se habilitou un espazo para conserxería e oficina do futuro técnico deportivo, un perfil profesional que o Concello prevé incorporar.

“Ofrecer instalacións de calidade en espazos de alto tránsito de nenas e nenos e de xuventude que adestra e que configura esa masa social do deporte base é unha das nosas prioridades”, sinalou Luis Rodríguez.

Estas instalacións acollen numerosos partidos e torneos ao longo do ano. “O complexo deportivo Álvaro Pino, cos seus dous pavillóns, piscina e pistas de pádel, é un servizo indispensable para a cidadanía, especialmente para a infancia e a mocidade, ademais de ser un punto de referencia para equipos doutras localidades que visitan Ponteareas en diferentes competicións,” explicou Rodríguez.

A alcaldesa, Nava Castro, e o tenente de alcaldesa, Juan Carlos González, visitaron as instalacións e supervisaron a colocación destes elementos. O edil de Deportes suliñou que dende no pasado ano se deu resposta a demandas históricas como a dos vestiarios do Club de Tenis na Freixa e adiantou que continuarán as melloras nas infraestruturas deportivas municipais. En 2025, realizaranse as obras de renovación do campo de fútbol de San Mateo, substituiranse os cabezales da piscina municipal e impulsarase a práctica deportiva mediante actividades para explorar as novas sendas circulares, ademais da recolocación da pista de voleibol.

Relacionadas

Rafa Domínguez participa na estrea do documental “Consello de Galiza”, de Xan Leira

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou esta tarde na estrea do documental “Consello de Galiza, o goberno galego no exilio”, que...

O Concello de Ponteareas solicita 15 millóns de euros para mellorar o acceso á...

0
O Concello de Ponteareas solicitará aos Plans EDIL (Plans de Actuación Integrados de Entidades Locais,) financiado con fondos FEDER 21-27, 15 millóns de euros...

Tui segue a reivindicar a figura de Rosendo Salvado

0
Do 25 de febreiro ao 1 de marzo celebraranse as Xornadas sobre este egrexio tudense Dende o próximo martes 25 de febreiro e até o...

15 comparsas desfilarán este sábado no inicio do Entruido de Soutomaior

0
Este ano Soutomaior volve a  recuperar o seu Entruido máis tradicional , grazas ao traballo de investigación realizado polo antropólogo Rafa Quintía, con actividades...

Luis López amosa o apoio da Deputación, cunha achega de 460.000€, para impulsar programas...

0
O presidente provincial, acompañado polos deputados Roberto Carrero e Sandra Bastos, visita o CIM da Guarda, que recibe a máxima colaboración da Deputación e...

Emilio X. Ínsua ofrece un faladoiro sobre Castelao nas Irmandades da Fala

0
Este venres ás 19.30, na Oficina de Turismo, teremos a segunda actividade vencellada ao Ano Castelao. Trátase dun coloquio arredor da militancia de Castelao...

Publicacións Relacionadas