Home Pontevedra O Condado O Concello de Ponteareas presenta en FITUR a XIII edición do Festival...

O Concello de Ponteareas presenta en FITUR a XIII edición do Festival Grobae

- Anuncio -

O Concello de Ponteareas presumíu de patrimonio musical e gastronómico na Feira Internacional de Turismo (FITUR) celebrada esta semana en Madrid. Acompañados do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López, a alcaldesa de Ponteareas Nava Castro; o tenente de alcaldesa, Juan Carlos González; e o concelleiro de Turismo, Nicolás Rodríguez, presentaron o cartel da XIII edición do Festival Groba que se celebrará do 17 de agosto ao sábado 23.

Cada ano o Festival Groba ofrece unha semana intensa de concertos nos que escoitar aos mellores músicos do mundo difundindo o legado do mestre Groba e tamén achegando a música culta a toda a cidadanía. “O Festival Groba é un auténtico dinamizador cultural que ademais de ofrecer unha oferta de lecer de extraordinaria calidade tamén promove o coñecemento da nosa vila e dos nosos músicos”, explica a alcaldesa ao tempo que engade que é unha oportunidade para toda vila, “ao conectar recoñecidos profesionais co alumnado do conservatorio e das escolas e bandas de música e tamén cos obradores de instrumentos e cidadanía en xeral”. O Festival Groba proxecta Ponteareas a través dos músicos e do público que enche as catrocentas butacas do auditorio municipal e a igrexa de Canedo ou as prazas dos concertos ao aire libre, segundo o explica o tenente de alcaldesa.

No stand da Xunta de Galicia o Concello de Ponteareas tamén apostou pola posta en valor da sua gastronomía enxalzando as rosquillas nunha cata de requeixo das Neves acompañada dos viños do Condado. A alcaldesa sinala a importancia de xerar territorio a través das fortalezas de cada Concello, “somos un territorio rico e variado apto para os apaixoados da historia, para os que desfrutan da natureza, para os que queren desfrutar do lecer, para o turismo que procura saúde e benestar, para os que buscan experiencias gastronómicas ou para o deportivo”

Nesta edicion de FITUR tamén se presentou por vez primeira o cartel da Festa do Corpus Christi,  arroupado polo presidente da Xunta de Galicia que acompañou á alcaldesa de Ponteareas, ao tenente de alcaldesa, Juan Carlos González e ao concelleiro de Turismo e en presenza do público que se achegou ao stand engalanado con adornos florais rememerando as hortensias do Corpus.

O Concello de Ponteareas tamén estivo na presentación do Club de Produto da Lamprea. Unha ferramenta de xestión e planificación onde empresas e entidades locais acordan traballar xuntos en colaboración público – privada para desenvolver novos produtos turísticos ao redor da lamprea. A lamprea do Miño capturada nas Pesqueiras ou a lamprea do Tea nas estacadas forman o punto central dunha ferramenta que permitirá identificar ás necesidades de creación do produto, organizar aos actores públicos e privados para levar a cabo as accións impulsoras do club, así como a formación aos seus socios, a desestacionalización do turismo no territorio e a promoción conxunta do Xeodestino Terras do Condado A Paradanta.

Relacionadas

O novo paseo do litoral de Cesantes mellorará a mobilidade ata a praia e...

0
- O Concello de Redondela xa conta co proxecto de execución para o novo paseo do litoral de Cesantes que unirá o peirao coa...

Por previsión de temporal con alerta laranxa a Festa do Cocido prevista para mañá...

0
Por mor da previsión de temporal con alerta laranxa para mañá domingo, a Comisión de Festas de Trasmañó anuncia que a Festa do Cocido...

Tui inicia os pasos para ser Destino Turístico Intelixente

0
En FITUR abordou tamén a posibilidade de incorporarse á rede de Caminos Naturales O Concello de Tui inicia os pasos para ser Destino Turístico Inteligente,DTI....

Arrancan os cursos para maiores “Redondela Vital” e “Redondela en forma”

0
Estas actividades, que son de balde, están organizadas pola concellería de Maiores e impartiranse en 16 emprazamentos diferentes do municipio. A alcaldesa, Digna Rivas,...

A Deputación levará este domingo a máis de 120 persoas da provincia a desfrutar...

0
Son veciños e veciñas de 25 concellos da provincia, que gozarán de estancias no Gran Talaso Hotel Sanxenxo e no Balneario de Mondariz, en...

A Casa-Escola de Fornelos recupera a súa esencia como espazo para a veciñanza

0
O Rosal inaugura este espazo polivalente e sostible o sábado 1 de febreiro ás 18.00 horas coa exposición ‘Memorias de Fornelos’, chocolatada e música...

Publicacións Relacionadas