Home Pontevedra O Condado O concello de Ponteareas presenta en FITUR o cartel da festa do...

O concello de Ponteareas presenta en FITUR o cartel da festa do Corpus Christi

- Anuncio -

A festa do Corpus Christi de Ponteareas por fin está no lugar que lle pertence e vimos de presentar o cartel da edición deste ano na Feira Internacional de Turismo, FITUR” adianta a alcaldesa Nava Castro que xunto ao tenente de alcalde, Juan Carlos González, ao concelleiro de Turismo, Nicolás Rodríguez e acompañados do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, presentaron no stand de Galicia o cartel do Corpus Christi 2025. Durante a Feira, a alcaldesa convidou ao alcalde de Madrid, José Luis Martínez, á participar nas celebracións do Corpus Christi.

O Concello de Ponteareas posiciona así a festa do Corpus Christi na cita máis importante do sector Turismo e resolve unha demanda histórica das e dos alfombristas. “Pola súa importancia e polo seu alcance, este ano e por vez primeira o cartel do Corpus Christi de Ponteareas foi presentado en FITUR. Era unha conta pendente, recoñecer a nosa festa máis importante, un dos nosos sinais de identidade que leva o nome de Ponteareas polo mundo adiante e ademais é un recoñecemento ao esforzo das e dos nosos alfombristas”, sinala o tenente de alcalde e concelleiro de Cultura.

Declarada Ben de Interese Cultural na categoría inmaterial, esta festa de Interese Turístico Internacional dende o ano 2009 visibiliza o sentir dun pobo, a tradición dunha vila e a sabedoría popular transmitida ano tras ano, veciño a veciña e xeración tras xeración. Máis de 170 anos recollidos en documentos históricos respaldan o querer das alfombras de Corpus Christi de Ponteareas. O traballo nos portais, as tarefas de conservación da materia, os obradoiros nas escolas, as visitas das delegacións estranxeiras de alfombristas ou o irmandamento coa villa da Orotava son algúns dos ingredientes dunha festividade que volve florecer e procura o recoñecemento da UNESCO.

En FITUR tamén se presentará a décimo terceira edición do Festival Groba, unha semana na que difundir a música de cámara nos seus diversos formatos, por en valor a creación compositiva do Mestre Groba e achegar a música ao maior número de público. Músicos da escena nacional e internacional actuarán en Ponteareas e interactuarán coa cidadanía e cos músicos locais durante toda a semana.

A alcaldesa, Nava Castro, convida a vivir a arte de Ponteareas en FITUR e no stand da Xunta de Galicia difundirá o nome da vila a través da música, a través da arte efémera das alfombras e a través das exposicións que acolle a recentemente inaugurada residencia de artistas Artistea. Neste espazo o goberno local difundirá a riqueza medioambiental e o patrimonio histórico así como as súas principais citas festivas como a Feira Tradicional dos Remedios.

Relacionadas

Nova reunión informativa polo rexeitamento á nova A52 en Mos

0
Nesta ocasión o encontro tivo lugar no Pazo de Mos dirixido ás parroquias de Louredo e Mos. A próxima semana estes encontros informativos serán para...

A 3ª San Silvestre Solidaria recadou 4.365€ a beneficio da Asociación Española contra o...

0
O evento celebrado o pasado 31 de decembro, foi un éxito de participación, con case 1.900 persoas inscritas 1.900 participantes e unha recadación de 4.365...

Luis López cita a Vía Mariana e o éxito das producións filmadas na provincia...

0
O presidente provincial divulga en Fitur, en encontros con representantes nacionais e internacionais do sector turístico, os variados atractivos que consolidan á provincia como...

Luis López e Rafa Domínguez convidan en Fitur, unha feira de alcance mundial, a...

0
O presidente provincial, acompañado polo conselleiro de Cultura, Jose López Campos, salienta no stand de Turismo de Galicia que a recuperación da bienal máis...

Redondela pon en valor o seu patrimonio natural e histórico para un turismo sostible

0
- Redondela presumirá en FITUR do seu espectacular patrimonio natural, coa enseada de San Simón como a gran xoia da ría. A illa, que...

O BNG de Vigo reclama anticipar as convocatorias de subvencións municipais a entidades sen...

0
A fronte nacionalista pide tramitar as axudas no primeiro trimestre para evitar demoras que “estrangulan economicamente” a asociacións, colectivos e clubs deportivos da cidade O...

Publicacións Relacionadas