Home Pontevedra O Condado O Concello de Ponteareas presentou as liñas de acción para o Plan...

O Concello de Ponteareas presentou as liñas de acción para o Plan de Actuación Integrado

- Anuncio -
  • Creación de vivenda social
  • Dous novos centros de día en Xinzo e Guláns
  • Dixitalización do conservatorio municipal e reforma da Baixada de San Gregorio, entre outros proxectos

O Concello de Ponteareas adiantou a colectivos veciñais, xuvenís e sociais os proxectos incluídos no Plan de Actuación Integrado (PAI) que o Concello presentará á nova convocatoria de fondos FEDER da Unión Europea. Un documento estratéxico que permitirá avanzar en grandes proxectos e que optará ao máximo dos fondos permitidos, un total de 15 millóns de euros.

O Plan de Actuación Integrado (PAI) contempla proxectos sociais, de dinamización económica, de solucións TICs e medioambientais, entre outros. O PAI de Ponteareas contempla importantes proxectos como a dotación de vivenda social a través da adquisición e recuperación de vivenda baleira para destinala a este fin.

Outros dos grandes investimentos está na atención aos maiores, unha acción que implica a descentralización de servizos públicos sociais como a construción dun centro de día na parroquia de Xinzo e outro na parroquia de Guláns. Dous centros de día para que achegarán novos servizos ás parroquias con investimentos de máis dun millón e medio de euros cada un.

O documento recolle tamén a dixitalización do conservatorio municipal de música, a renaturalización da praza Bugallal con elementos vexetais e zonas de sombra, a reforma da baixada de San Gregorio e contorna, a rehabilitación do edificio de servizos sociais da rúa Oriente para mellorar a súa eficiencia enerxética e reorganizar os espazos, a nova ubicación do servizo de Atención Temperá e novos equipamentos para a nova praza de abastos.

Ademais, este documento estratéxico que determinará os vindeiros cinco anos inclúe a modernización da administración local cun visor web interactivo para consultar o PXOM e unha carpeta cidadá.

A liña catro que engloba patrimonio urbano, turismo e cultura comprende a obra da nova biblioteca pública municipal e a mellora da contorna así como a renovación do museo de Ponteareas.

A concelleira de Urbanismo e Axenda 203, Silvia Fdez. Táboas, destaca a relevancia do documento que pon en iniciativas que impacten positivamente no día a día da poboación. “Estas axudas valorarán proxectos xa madurados que poidan ser executados nestes cinco anos, motivo polo que tendo en conta as aportacións das veciñas e veciños na primeira rolda de participación, recóllense aqueles proxectos máis viables”.

O documento do PAI estará dispoñible na páxina web para a súa consulta.

Relacionadas

O novo paseo do litoral de Cesantes mellorará a mobilidade ata a praia e...

0
- O Concello de Redondela xa conta co proxecto de execución para o novo paseo do litoral de Cesantes que unirá o peirao coa...

Por previsión de temporal con alerta laranxa a Festa do Cocido prevista para mañá...

0
Por mor da previsión de temporal con alerta laranxa para mañá domingo, a Comisión de Festas de Trasmañó anuncia que a Festa do Cocido...

Tui inicia os pasos para ser Destino Turístico Intelixente

0
En FITUR abordou tamén a posibilidade de incorporarse á rede de Caminos Naturales O Concello de Tui inicia os pasos para ser Destino Turístico Inteligente,DTI....

Arrancan os cursos para maiores “Redondela Vital” e “Redondela en forma”

0
Estas actividades, que son de balde, están organizadas pola concellería de Maiores e impartiranse en 16 emprazamentos diferentes do municipio. A alcaldesa, Digna Rivas,...

A Deputación levará este domingo a máis de 120 persoas da provincia a desfrutar...

0
Son veciños e veciñas de 25 concellos da provincia, que gozarán de estancias no Gran Talaso Hotel Sanxenxo e no Balneario de Mondariz, en...

A Casa-Escola de Fornelos recupera a súa esencia como espazo para a veciñanza

0
O Rosal inaugura este espazo polivalente e sostible o sábado 1 de febreiro ás 18.00 horas coa exposición ‘Memorias de Fornelos’, chocolatada e música...

Publicacións Relacionadas