Home Pontevedra O Condado A Federación Ciclismo Galego escolle o concello de Ponteareas para celebrar a...

A Federación Ciclismo Galego escolle o concello de Ponteareas para celebrar a ‘Gala do Ciclismo Galego 2025’ este sábado

- Anuncio -

O Concello de Ponteareas acollerá este  sábado, ás 18:00 horas no Auditorio Reveriano Soutullo, a gran festa do ciclismo  galego, onde se darán cita os protagonistas de todas as modalidades no 2024, así  como os homenaxeados polas súas traxectorias. 

Esta mañá ofrecéronse todos os detalles desta gala anual, que será presentada polo  presentador e xornalista Terio Carrera, nunha presentación na que asistiron a  alcaldesa do Concello de Ponteareas, Nava Castro; o concelleiro de Deportes, Luís  Rodríguez; o presidente da Federación Ciclismo Galego, Juan Carlos Muñiz; e o seu  vicepresidente, Óscar Sánchez. 

O concelleiro de Deportes dou a benvida a todo o equipo da Federación e mostrouse  agradecido “por que pensarades en Ponteareas como sede para esta importante gala  anual dos premios do 2024. É un pracer que se realice por primeira vez na historia  nas nosas instalacións. Ponteareas é ciclismo e, por iso, só queremos trasladarvos  que estamos encantados con esta celebración, pero tamén con todo o que chegou e  chegará relacionado con este deporte na nosa vila”.  

O presidente da Federación destacou que este sábado, Ponteareas “acollerá o acto  máis importante do ciclismo galego, onde se recoñecen a máis de 150 participantes  dos rankings das copas tanto a nivel autonómivo como nacional, aos equipos, e as  16 mencións especiais, unha delas ao Concello de Ponteareas, polo gran traballo que  está facendo pola promoción do ciclismo a nivel provincial, autonómico, nacional e  internacional porque hai imaxes que dan a volta ao mundo. Estou seguro de que a  gala será un éxito e convido a todos os veciños e veciñas a que veñan a desfrutar  deste evento e coñecer aos grandes ciclistas.

A alcaldesa explicou “o ciclismo forma parte da nosa esencia. Poucas localidades  poden presumir de contar con tres gañadores da Volta Ciclista a España: os nosos  queridos Delio e Emilio Rodríguez Barros e Álvaro Pino. Por iso para nós é tan  especial poder acoller esta gala. Ademais, este ano fainos especial ilusión xa que, fai  uns días, a Federación anunciou as dezaseis Mencións Especiais que se entregarán  na Gala deste sábado e temos a honra de que o noso Concello recibirá unha delas,  como recoñecemento polo indispensable apoio institucional ao ciclismo”.

Relacionadas

A Xunta enxalza os traballos creativos realizados polas usuarias do Centro Ocupacional Exclavas de...

0
O Executivo galego financia con máis de 1,6 millóns de euros un total de 79 prazas de atención residencial e diúrna neste centro A directora...

Arrancan as obras de reconstrucción da rúa Fernández Areal para mellorar a mobilidade e...

0
O ámbito total de actuación será de 570 metros de lonxitude e unha superficie total de actuación de 3.700 m² A concellería de Vías e...

A Eurocidade Tui-Valença acolle a posta en escena da construción democrática de Portugal con...

0
O teatro tudense acolle esta gran montaxe do Teatro Nacional São João de Porto este venres ás 20 h Unha gran montaxe teatral é a...

Veciñanza, plataforma DefendeMos e corporación municipal de Mos presentes no debate pola nova A-52...

0
Preto de 200 veciños e veciñas de Mos, integrantes da plataforma DefendeMos, corporación municipal e a alcaldesa Nidia Arévalo, asistiron está mañá no Parlamento...

A Deputación presenta en Lalín os programas de Acción Comunitaria que deixarán 2,4 millóns...

0
O presidente provincial Luis López, xunto co deputado Javier Tourís, lembrou que o ano pasado beneficiáronse destes programas 14 colectivos veciñais e unha comunidade...

O BNG defende no Parlamento galego a súa alternativa á ampliación da autovía A-52...

0
A fronte nacionalista emenda a proposición popular para demandar do Goberno español a paralización do proxecto e executar as melloras pendentes na actual autovía Aposta...

Publicacións Relacionadas