Home Pontevedra O Condado O Concello de Ponteareas aproba no pleno un Plan Estratéxico de Subvencións...

O Concello de Ponteareas aproba no pleno un Plan Estratéxico de Subvencións 2025 cunha cifra histórica, superando os 800.000€

- Anuncio -

O Concello de Ponteareas aprobou no pleno celebrado o 28 de xaneiro o Plan Estratéxico de Subvencións para o 2025, destinando unha cifra histórica que supera os 800.000€.

O Goberno Municipal busca mellorar a xestión das distintas políticas públicas e garantir un uso racional, eficaz e eficiente dos recursos públicos, pero tamén para que estes fondos cheguen á cidadanía e transformen a realidade social e económica á que nos enfrontamos.

O concelleiro de Economía e Facenda, Francisco Represas, explicou que “o que se busca con este Plan Estratéxico é seguir apoiando a diferentes colectivos dentro do ámbito municipal, dada a súa importancia para o tecido social, asociativo, cultural e deportivo. O seu traballo mellora a calidade de vida dos veciños e veciñas. Sen eles, moitas actividades fundamentais para a identidade e o benestar da comunidade simplemente non serían posibles”.

As liñas estratéxicas de posible actuación recollidas no Plan son 12: Cultura, Música, Deporte, Educación, Mocidade, Terceira Idade, Turismo Social, Sanidade e Consumo, Medio Ambiente e Mobilidade, Participación Cidadá, Servizos Sociais e Vivenda e Embelecemento Urbanístico.

A continuación, detállanse as actuacións recollidas neste Plan Estratéxico de Subvencións por cada unha das liñas:

Fomento da cultura
Convenio colaboración Asociación de Alfombristas (Nominativa, 15.000€); Convenio CMVMC Xinzo (Nominativa, 2.000€); Subvencións para centros e casas culturais
(Concorrencia, 40.000€); Premio cartel promocional Corpus Christi (Concorrencia, 1.000€).

Fomento da música
Concurso de gaitas do país (Concorrencia, 10.000€); Premios entroido (Concorrencia, 12.000€); Fundación Rogelio Groba (Nominativa, 5.000€); Convenio Banda de Música de Guláns (Nominativa, 16.000€); Convenio Banda de Música Xuvenil de Xinzo (Nominativa, 16.000€); Convenio Banda de Música de Ponteareas (Nominativa, 8.000€).

Fomento do deporte
Subvención apoio deporte (Concorrencia, 200.000€); Equilibrio económico Complexo Álvaro Pino. Peche COVID-19 (Nominativa, 16.602,75€); Canon anual Pavillóns Complexo Álvaro Pino (Nominativa, 14.000€); Subvención alumeado Complexo Álvaro Pino (Nominativa, 9.629,70€); Convenio de colaboración coa CMVMC Angoares (Nominativa, 3.000€).

Fomento da educación
Axudas para a adquisición de libros e material escolar (Concorrencia, 20.000€).

Fomento do medio ambiente e mobilidade
Convenio de colaboración Protectora de Animais “Os Biosbardos” (Nominativa, 5.000€); Convenio Deputación de Pontevedra para a recollida de animais domésticos abandonados (Nominativa, 9.300€); Premios Balcóns Floridos (Concorrencia, 825€).

Fomento da participación cidadá
Subvencións para investimentos en traídas de augas veciñais (Concorrencia, 70.000€); Subvencións aos grupos políticos (Nominativa, 39.975€).

Fomento dos servizos sociais
Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Nominativa, 6.000€); Convenio de colaboración coa asociación Afaga (Nominativa, 25.000€); Convenio de colaboración coa asociación Avelaíña (Nominativa, 10.000€); Convenio de colaboración coa Cruz Vermella (Nominativa, 40.000€); Axudas de emerxencia social (Concorrencia, 110.000€).
Fomento de vivenda e embelecemento urbanístico
Axudas á promoción da vivenda (Concorrencia, 90.000€).

Relacionadas

A Real Academia Galega e o Museo de Pontevedra lembran esta tarde a Marcial...

0
· A musicóloga Laura Touriñán, autora do volume Marcial del Adalid e o seu legado na Real Academia Galega, presenta o libro ás 19:00...

O PSOE rexeita unha moción do BNG para paliar os efectos das enchentas...

0
Sol Seoane insta a xestionar o río coas premisas científicas e técnica deste século, avogando por facer un estudo técnico que permita eliminar  a...

A Oficina de Coordinación de Transplantes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés...

0
― En concreto, asumíronse as doazóns de dous pulmóns, un fígado, seis riles e as ditas dúas córneas ― Nesta área sanitaria foron detectados tres...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables á Estrada e Lalín para...

0
O deputado provincial Javier Tourís reuniuse con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e José Crespo, de Lalín, con motivo da visita da oficina móbil...

Baiona homenaxea aos campións do mundo de dardos

0
Iago Farto e Mauro Pazos, ambos os residentes en Baiona e, coñecidos no ámbito competitivo como Trafalgar e Mauro, lograron o título de campións...

Reggaeton Beach Festival e concello de Nigrán acordan un desconto do 50% nas entradas...

0
Nigrán prepárase para a cuarta edición de Reggaeton Beach Festival o 26 e 27 de xullo en Porto do Molle. O evento, que trae...

Publicacións Relacionadas