Home Pontevedra O Condado O parque de bombeiros de Ponteareas asiste en preto de novecentas intervencións

O parque de bombeiros de Ponteareas asiste en preto de novecentas intervencións

- Anuncio -

O parque de bombeiros do Concello de Ponteareas pechou un ano a pleno rendemento cun saldo de 881 intervencións a 31 decembro. Dezaeis profesionais atenden as emerxencias de nove concellos das comarcas do Condado e da Paradanta e amosan a súa boa formación en cada intervención.

O tenente de alcalde e concelleiro de Seguridade, Juan Carlos González, salienta o traballo realizado polo equipo de bombeiros nos 38 incendios forestais, urbanos e industrias producidos no concello e nos 43 acontecidos noutros concellos. Ademais, a súa intervención foi indispensable nos 61 accidentes nas estradas e nos tres laborais.

A labor dos bombeiros de Ponteareas vai máis aló do lume e das 555 intervencións en recollida de arborado caído, desprendementos, cableado que obstrúe o paso e limpeza de vías. O concelleiro sinala que hai un aumento dos rescates de persoas que viven soas nos seus domicilios e as cifras do ano 2024 revelan 65 rescates de persoas. “Os bombeiros de Ponteareas amosan no seu día a día unha vocación e compromiso digno de salientar, implicados no protección e auxilio da vidas das persoas cada vez a súa faceta é máis social”, explica González Carrera.

Os profesionais do parque de Ponteareas participan en distintas accións formativas convocadas por diferentes administracións así como pola Axencia Galega de Emerxencias e participan en probas deportivas e como voluntarios en situacións de emerxencias como a acontecida pola DANA.

Ademais, colaboran coas distintas accións formativas de prevención desenvoltas nos centros educativos e son parte activa no bo desenvolvemento de eventos e festividades.

Relacionadas

Rafa Domínguez visita no Museo Reino Sofía a exposición sobre o ‘Esperpento’ ideado por...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, visitou este martes no Museo Reino Sofía de Madrid, onde se atopa como parte da delegación...

A Xunta destina máis de 300.000 euros para o reforzo da atención a maiores...

0
O Executivo galego investiu máis de 134.000 euros para a adquisición dun vehículo e a realización de melloras no centro de día e no...

Diego Rosal, elexido novo Responsábel Local do BNG de Meaño

0
O BNG de Meaño ven de celebrar o pasado Luns na Casa de Cultura de Dena en Asamblea Local, a elección do novo Consello...

A Audiencia Nacional falla a favor do Concello de Tui na reclamación da cantidade...

0
O Ministerio de Interior deberá aboar a totalidade dos 1.276.709,34 € O Ministerio do Interior deberá aboar 1.276.709,34€ ao concello de Tui en concepto de...

A Andaina solidaria de Montes e Praias de Marín cumpre 10 anos

0
A proba foi presentada esta mañá desde un dos puntos máis bonitos do percorrido, o banco da Teoira. A actividade, que se celebrará o...

A contorna da Casa do Concello será un novo núcleo de centralidade en Soutomaior

0
O proxecto prevé a humanización de toda a contorna e a inclusión de elementos de mobiliario urbano como bancos e árbores. A contorna da Casa...

Publicacións Relacionadas