O sábado 15 de marzo será finalmente cando o Concello de Salvaterra de Miño celebrará o Enterro da Lamprea, despois de suspender o evento debido a chuvia. A cita que pecha o Entroido en Salvaterra de Miño comezará ás 16:30 horas e contará con máis de 1500 persoas dun total de 15 carrozas que percorrerán as principais rúas, comezando en Rosalía de Castro e pasando por Rúa Castelao, Rúa Galicia e Rúa Raíña Dona Urraca, para rematar na praza do Concello onde se dará lectura ó testamento da defunta Lamprea. Na mesma praza haberá chocolate, tamén sen glute, para todas e todos.
Esta é unha cita moi esperada xa que o espectáculo está asegurado grazas o ambiente, música, luces, vestimentas e risas. Animamos a aqueles que queiran acompañarnos na comitiva da defunta Lamprea que se acheguen o sábado ás 16:30 horas a rúa Rosalía de Castro para acompañala antes da súa queima na Praza do Concello, rogamos veñan de riguroso loito.