HomePontevedraO Condado“Rompe o silencio, contrúe o respecto” foi o lema gañador do XIV...

“Rompe o silencio, contrúe o respecto” foi o lema gañador do XIV Concurso de slogans contra a violencia de xénero 

- Anuncio -spot_img

A iniciativa organizada polo Concello de Salvaterra en colaboración co IES Salvaterra de  Miño contou coa participación de máis de 90 alumnas e alumnos do centro. 

Esta mañá tivo lugar no Concello de Salvaterra de Miño a entrega de premios da XIV edición do Concurso de Slogans contra a violencia de xénero que organiza o Concello  de Salvaterra de Miño contando coa colaboración do centro educativo IES Salvaterra de  Miño.  

En total participaron máis de 90 alumnas e alumnos que presentaron o seu slogan a este  certame que se presenta cada ano dentro das accións levadas a cabo con motivo da  conmemoración do 25 de novembro e contra a violencia de xénero financiadas ó abeiro  da subvencion do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de  Igualdade. A través do concurso búscase que transmitan unha mensaxe e un  posicionamento claro de repulsa contra os malos tratos. Dentro destas iniciativas  preténdese asimesmo reunir material para facer unha campaña de difusión e publicidade  dalgúns dos recursos que existen para abordar este tema. 

O concurso consta de catro premios: tres deles valorados en 50 euros trocables por  material educativo, informático, deportivo, roupa ou música e un primeiro de 150 euros  trocable do mesmo xeito e cuxo lema formará parte da campaña de sensibilización a  través duns marcapáxinas e material promocional neste caso bolsas co slogan ganador 

que se repartiron entre o alumnado que participou e que formarán da campaña.  

Nesta edición o lema gañador foi “Rompe o silencio, constrúe o respecto” de Iván  González de 1º da ESO e os segundos premios foron os slogans “Non cales, todos te  escoitamos” de Alicia Castro de 1º ESO, “Un contorno con violencia, é un contorno sen  convivencia” de Alejandro Sánchez de 2º ESO e “Onde hai sitio para o amor, non hai sitio  para a dor” de Brian González de 3º ESO.  

O Concello de Salvaterra leva anos traballando cos máis novos na prevención deste tipo  de violencia dende idades tempranas para establecer as bases de relacións sans e  saudables.

Publicacións Relacionadas