HomePontevedraO CondadoSalvaterra celebra os mil anos de historia cun mercado e actividades no...

Salvaterra celebra os mil anos de historia cun mercado e actividades no recinto amurallado

- Anuncio -spot_img

A programación terá lugar o vindeiro 24 de maio e contará con postos e actividades para  nen@s e familia. 

O vindeiro 24 de maio celebramos os máis de mil anos de historia da vila de Salvaterra  de Miño, xa que o primeiro documento escrito que fai referencia a esta localidade foi  asinado o 24 de maio do ano 991. 

Con motivo desta celebración, o Concello de Salvaterra de Miño prepara un día de  actividades no recinto amurallado pensada para tod@s.  

A Concellería de Cultura organiza un mercado-exposición onde comercios, artesáns ou  asociacións interesados poderán participar deste evento que terá lugar o sábado 24 de  maio de 10:00 a 15:00 horas. 

Ademais o Concello de Salvaterra tamén ten programadas actividades para @s nen@s  con xogos populares, unha actividade familiar con acertixos e probas e máis sorpresas. 

Aqueles interesados en participar no mercado-exposición deberán enviar os seus datos  a seguinte dirección de correo electrónico comunicacion@concellodesalvaterra.org

Publicacións Relacionadas