HomeO CondadoAs NevesSalvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves presentan por terceiro...

Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves presentan por terceiro ano o Programa Xuntas, pioneiro na xestión das políticas de igualdade

- Anuncio -spot_img
  • O Programa Xuntas é un exemplo de cooperación local e xestión compartida en políticas de igualdade e prevención da violencia de xénero que se financia dende hai 3 anos con cargo a fondos europeos e Xunta de Galicia.
  • O programa pivota en actuacións de asesoramento xurídico, psicolóxico e laboral, formación en igualdade a través da cultura e as artes, a saúde, a autoestima, os coidados de corpo e mente, a prevención da violencia de xénero, os  dereitos das mulleres e o acceso á tecnoloxía dende un punto de vista múltiple e interseccional.

O Programa Xuntas naceu hai 3 anos ao abeiro da financiación da Xunta de Galicia con fondos europeos, deseñado e executado conxuntamente entre os Concellos pontevedreses de Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves.

Unha iniciativa pioneira para a atención, asesoramento, formación e intervención con mulleres de diversos perfís e de todas as idades. Os concellos de Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves, nun exercicio de cooperación institucional exemplar, confían un ano máis neste Programa no marco da convocatoria da Xunta de Galicia, que financia as actuacións con fondos europeos.

Xuntas, que xa é unha actuación coñecida polas mulleres, aposta por unha intervención pública con alta especialización das formadoras e profesionais da psicoloxía e o dereito cun nexo arredor da participación, a transversalidade, o principio de igualdade e o feminismo como elemento nuclear das actividades.

Todas as accións do Programa compleméntanse con asesoramento especializado, debates, actividades culturais, habilidades de comunicación, manexo da tecnoloxía, itinerarios de inserción laboral, dinámicas grupais, visitas e empresas e a boas experiencias de emprendemento e autoemprego.

Todo o Programa está deseñado con perspectiva de xénero e tamén haberá intervencións sobre aspectos cognitivos emancipadores, centrados na autoestima, nos coidados do corpo e mente e na alimentación que contribuirán a que as usuarias definan o seu proxecto persoal. Entre outros factores,  abordarase a idade, a discapacidade, e a situación como coidadoras, a situación laboral ou a situación de migracións.

Publicacións Relacionadas