Home O Condado As Neves Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves suman forzas nun...

Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves suman forzas nun innovador proxecto de apoio ás mulleres

- Anuncio -

Os Concellos de Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves veñen de presentar ante a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia un Programa conxunto de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero destinado a mulleres dos tres municipios, que suman mais de 23.000 habitantes.
O conxunto das actuacións do Programa desenvolveranse mediante xestión compartida e permitirá, ademáis de aforrar custos, mellorar a eficiencia da xestión nun programa tan especializado como este, eliminar duplicidades e cumprir coa normativa de estabilidade ao tempo que se incrementa a calidade dos servizos prestados.

O Programa, que espera unha participación de 80 mulleres como mínimo, contempla asesoramento, orientación e apoio psicolóxico, xurídico e laboral especializado e personalizado para as participantes e con talleres e outras actividades formativas destinadas a reforzar a autoestima, o benestar e a calidade de vida das participantes así como o seu empoderamento e mellora da participación en todos os eidos. De feito, a promoción da inserción laboral das mulleres a través de ferramentas formativas, recursos e mediación é outro dos obxectivos que se marca esta ambiciosa actuación conxunta.
O Programa, que contempla visitas a empresas e encontros grupais, valorizará o coñecemento e a experiencia mediante o debate, a cultura e o audiovisual.

O servizo de asesoramento personalizado prestarase a demanda e individualmente durante os 4 meses que dure o programa, cun mínimo de 6 horas semanais de atención. Pola súa banda, impartiranse 48 horas de formacións ás participantes máis 8 horas noutras actividades complementarias.
O Programa, para o que se solicita unha axuda que ronda os 12000€, foi presentado xa ante a Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia

As representantes dos tres Concellos consideran que esta actuación compartida pode ser un paso máis para consolidar servizos municipais especializados e dotalos de instrumentos que contribúan activamente ao desenvolvemento de políticas públicas de igualdade.

As tres entidades locais queren ademáis reforzar a protección das mulleres que se enfrontan ou se enfrontaron nalgún momento das súas vidas á violencia de xénero e asegurarlles unha atención profesional e integral, como sinala a normativa estatal, galega e o Pacto de estado contra a Violencia de Xénero.

É a primeira vez que Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves únense para traballar nun Programa conxunto e integral, fomentando a igualdade e previndo a violencia contra as mulleres.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas