Conferencia de memoria histórica a cargo de Xesús Alonso Montero

adminON
Lectura mínima de 1
  • A conferencia leva por nome “Páxinas literarias dos presos republicanos en San Simón”

O Salón de Plenos acolle o próximo mércores 17 unha sesión de memoria histórica, organizada pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica do Campos de Concentración de Camposancos e a Fosa Común de Sestás, en colaboración co Concello da Guarda.

A sesión estará guiada por Xesús Alonso Montero, catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela. A conferencia leva por nome “Páxinas literarias dos presos republicanos en San Simón”, centrándose a sesión nesta illa da ría  de Vigo.

A conferencia dará comezo ás 19:00h no Salón de Plenos da Casa dos Alonso e rematará coa actuación do coro “Cantos de Liberdade”.

Comparte este artigo