HomePontevedraConscientes, novo modelo de residuos de Soutomaior

Conscientes, novo modelo de residuos de Soutomaior

- Anuncio -spot_img

Soutomaior inicia esta semana un novo tempo para a xestión do lixo coa adxudicación do novo contrato do que resultou gañadora na adxudicación a empresa Urbaser.

O alcalde Manu Lourenzo, o concelleiro de Medio Ambiente, Pablo Garrido, a técnica de Medio Ambiente en Soutomaior, Sara Teijeira, o xerente de Urbaser, Gustavo Villasuso, e o coordinador de Servizos Urbanos de  Urbaser, Ismael Bouza, presentaron nesta xornada Conscientes, medra en verde.

Soutomaior inicia esta semana un novo proxecto da xestión do lixo que importantes melloras no servizo para a veciñanza.  

Un novo modelo de xestión moderno e ambicioso que traerá consigo a renovación de todos os colectores do municipio, a implantación de novas illas de reciclaxe, polo incremento dos días de recollida ou reforzo de recollida fracción resto.

Ademais, este novo servizo, tamén traerá consigo o reparto de composteiros individuais gratuítos, un servizo de punto limpo na nave de Urbaser (onde a veciñanza poderá levar os voluminosos), a recollida a domicilio de restos de poda e un servizo de atención telefónica presencial, así como unha oficina de atención no núcleo urbano.

Con este novo contrato Soutomaior sumará tamén novos puntos limpos móbiles no concello, a xestión da recollida de animais mortos domésticos no concello ou un novo centro de compostaxe comunitaria que se unirá ao xa existente na zona do Peirao.

O proxecto Conscientes, medra en verde, suporá un antes e un despois no tratamento do lixo no concello. Soutomaior adquire con esta iniciativa un compromiso coa reciclaxe e co medio ambiente que se deixará sentir no día a día da veciñanza.

Así, deste xeito, nas vindeiras semanas dende o concello de Soutomaior procederase á renovación de todos os colectores do municipio e á implantación dun sistema dixital mediante a xestión de tarxetas que permitirá ter un seguimento telemático da reciclaxe do orgánico no contedor marrón (trátase dun sistema dixital que permitirá ter un control do enchido dos colectores así como de accesos ao depósito da materia orgánica no contedor marrón).

O proxecto Conscientes ten dous grandes obxectivos: a xestión ecolóxica do lixo e a mellora na prestación do servizo.  

Compre lembrar que en Soutomaior hai un ano que se aprobaron as ordenanzas fiscais e pregos técnicos relacionados co lixo. Estes documentos, debido ás obrigas contempladas nas leis e normativas da Unión Europea, así como ao incremento exponencial do canon Sogama por parte da Xunta de Galicia, obrigaron ao Goberno Local a facer unha actualización dos prezos.

Neste senso dende o Goberno Local sinalaron que a pesar das imposicións o Estado e da Xunta, en Soutomaior “fomos quen de converter un problema nunha oportunidade. Grazas a que se traballou con tempo e en diálogo coa sociedade conseguimos que, por pouco máis de tres euros ao mes, a veciñanza teña melloras no servizo de recollida de lixo inimaxinables ata o momento”.

Dende o Goberno Local tamén fixeron fincapé en que nun momento onde concellos de todas as cores están incrementando a taxa do lixo sen ningún tipo de melloras no servizo, en Soutomaior “fomos capaces de ofrecer un cambio absoluto do modelo  do que se beneficiarán ás familias no seu día a día e cun incremento mínimo das taxas do servizo”.

Unha nova importante para Soutomaior, o alcalde, Manu Lourenzo dixo nesta xornada que “o proxecto Conscientes é froito de meses de traballo para ofrecerlle á veciñanza un servizo máis ecolóxico para a xestión de residuos, se isto foi posible foi grazas a un servizo traballado coas técnicas e funcionarias do concello así como coa empresa e a sociedade para que, hoxe por hoxe, Soutomaior poida contar cun servizo de recollida moderno, ecolóxico e eficiente cus custes moi inferiores aos de outros concellos do país”.

Pola súa banda, a técnica de medio ambiente do concello Sara Teijeira, dixo que “a renovación do contrato do servizo permitirá perseguir o necesario incremento da reciclaxe en Soutomaior. Con Conscientes búscase integrar o medio ambiente en tódalas áreas de traballo municipais como o concepto transversal que é e non tratalo como un tema único e independente”.

Publicacións Relacionadas