Consolídase CorreMOS contra o Cancro coa segunda edición desta carreira solidaria

adminON
Lectura mínima de 3

Apadriñada por Vero Romero e Carlos Adán, celebrarase o 25 de febreiro cunha afluencia prevista de, alomenos, o milleiro de participantes acadado o ano pasado na edición inaugural

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, os padriños da carreira, Carlos Adán e Verónica Romero, representantes de AECC Mos e Pontevedra, a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, e a edil de deportes mosense, Feli Rodríguez, presentaron esta mañá no salón de sesións do Concello a II Edición de CORREMOS CONTRA O CANCRO que terá lugar o vindeiro 25 de febreiro con saída desde o Pazo de Mos.

As categorías de adultos serán as seguintes:

10:00 H • CARREIRA 10 KM (10€)

10:20 H • ANDAINA 5 KM (5€)

FILA O (DOAZONS VOLUNTARIAS) A beneficio da Asociación Española Contra o Cancro.

INSCRICIÓNS CARREIRA

www.cronotec.es

INSCRICIÓNS ANDAINA

www.cronotec.es

Piscina municipal

Multiusos das Pozas

E o propio día da carreira antes do inicio no Pazo de Mos

As categorías infantís serán as seguintes:

11:15 H • CARREIRA INFANTIL

CATEGORíAS:

MINIONS • NACIDOS 2011 – 2014 (3€)

PATRULLA CANINA • NACIDOS 2015 – 2018 (3€)

POCOYÓ • NACIDOS 2019 – 2021 (DE BALDE)

INSCRICIÓNS CARREIRA

www.cronotec.es

As representantes municipais, Arévalo e Cebreiro, lembraron durante a presentación de hoxe que “o ano pasado, na edición inaugural desta carreira solidaria, preto de 1.000 persoas correron e camiñaron contra o cancro en Mos; cifra que nesta ocasión esperamos superar ou, como mínimo, igualar.

A carreira 10K CorreMOS contra o Cancro está organizada pola admistración local mosense, e esta mañá a súa alcaldesa, Nidia Arévalo, e a polifacética deportista mosense, Verónica Romero, madriña da proba, animaron “a todos os corredores e deportistas, tanto aos máis preparados coma aos afeccionados, a incribirse na carreira ou na andaina e sumarse a esta causa deportivo-solidaria de loita contra o cancro”.

Este evento deportivo é totalmente solidario, polo que todo o recadado coas inscricións será íntegramente destinado á Asociación Española contra o Cancro.

A carreira celebrarase o domingo 25 de febreiro con saída e chegada ao Pazo de Mos.

Comparte este artigo