HomeBaixo MiñoA GuardaConstitúese na Guarda a Comisión organizadora dos actos do 50 aniversario do...

Constitúese na Guarda a Comisión organizadora dos actos do 50 aniversario do Comité local de fútbol infantil

- Anuncio -spot_img
  • A Comisión organiza unha exposición e unha charla para lembrar a súa influencia na localidade

O próximo mes de abril cumpriranse 50 anos dos inicios da competición local de fútbol infantil (1976 – 2009); por este motivo constituíuse a Comisión organizadora dos actos deste evento. Esta Comisión está formada por Ramón Ferreira como portavoz-coordinador; Benito Barbosa e Xosé Carlos G. Blanco (secretario), en representación dos Comités organizativos da competición; Nito Videira, Jose Angel Martínez, Berto Franco e Ramón Ferreira, como representantes dos Clubs; e Antonio Álvarez, como representante do estamento arbitral.

A finais de febreiro o alcalde Roberto Carrero e o concelleiro de Deportes, Celso Fariñas, reuníronse co comité para organizar o plan de actividades previstas

Do 28 de abril ao 9 de maio a Casa dos Alonso acollerá unha exposición fotográfica dos diferentes clubs. Os clubs que queiran participar poden contactar coa Comisión antes do 19 de abril.

Os Clubs que participaron na Competición local de fútbol infantil foron: U.D. A Guía/ A Guía B; San Caietano FC, D.Cividáns / San Lorenzo, Somascos / Estudiantes / Amigos, Salcidos, Sanamaro, Monte Real, O Muño, San José Novás, Oia / Oiense /Beiramar, Ribera, Martín, San Martiño, A Gándara, Tabagón, Figueiró, Erizana, Alameda, Goián, Mougás, Carregal, Tebra, Unión Guardesa, San Gregorio, Estás, Tomiño, Tui e Taborda.

Ademais, o 2 de maio haberá no Centro Cultural da Guarda, ás 19h unha charla coloquio sobre a historia e repercusión da competición de fútbol infantil, a nivel local e comarcal.  

Publicacións Relacionadas