- O programa deu asistencia sociosanitaria durante un mes a través de voluntarios
Esta mañá pechouse no Centro Cultural o programa “Contigo no Camiño” da Cruz Roja do Baixo Miño. Con esta iniciativa ofreceron asistencia sociosanitaria ás decenas de peregrinos e peregrinas diarios do Camiño Portugués pola Costa.
O concelleiro Isidro Lomba destacou que esta ruta “é xa a terceira en volume, con máis de 85.000 peregrinos no que levamos de 2025”. O presidente de Cruz Roja no Baixo Miño, José María Salcidos tamén destacou o carácter internacional do camiño, “con xente de Hong Kong ou Australia”. De feito, un 80% dos camiñantes son estranxeiros.
A vicepresidenta de Cruz Roja en Galicia, Purificación Serrano afirmou que este “é o camiño máis bonito, onde moitos buscan un sentido espiritual e de renovación de enerxías”.
Este programa púxose durante un mes, desde o 24 de setembro, onde quince voluntarios deron asistencia a 622 peregrinos, 80 destas asistencias foron de carácter sanitario. Os voluntarios deron asistencia en diferentes puntos desde A Pasaxe ata Baiona movéndose en bicicleta e cun vehículo.



