Vai dirixido a persoas maiores de 55 anos promovendo un envellecemento activo e saudable
O programa Cultiva a Mente posto en marcha polo Concello de Tui e AFAGA retomou esta semana a actividade presencial. Esta actividade que nos últimos meses se desenvolveu de forma telemática regresa aos Centros Culturais de Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis e Rebordáns, tras a mellora da situación epidemiolóxica e con todas as medidas de seguridade.
O programa vai dirixido a persoas maiores de 55 anos co obxectivo de promover un envellecemento activo e saudable.
Un día á semana, durante hora e media, realizan técnicas de memoria, reciben consellos saudables ao tempo que se fomenta a socialización e as emocións positivas. Este ano incorporaron tamén uso das novas tecnoloxías, que puxeron xa en práctica durante as sesións telemáticas.
As persoas interesadas en participar nesta actividade poden contactar con AFAGA no 986 22 97 97. Poden acudir a aquela parroquia na que hai prazas independentemente do seu lugar de residencia, sempre que sexa no termo municipal de Tui. Hai prazas libres en Caldelas, Pa menos Rebordáns.



