HomeTabeirósA EstradaContra os actos vandálicos: alternativas de ocio para a mocidade e de...

Contra os actos vandálicos: alternativas de ocio para a mocidade e de policía local de noite

- Anuncio -spot_img

O goberno municipal debería impulsar actividades nocturnas para a mocidade nas fins de semana.

É lamentábel que un concello como A Estrada non teña policía local de noite.

Nos últimos días estanse producindo toda unha serie de actos vandálicos, que están causando gran preocupación entre os veciños e veciñas da vila da Estrada. Desde o BNG da Estrada apuntamos dous motivos que cremos poden estar detrás destes actos.

En primeiro lugar está a falta de alternativas de ocio para a mocidade á inxesta de alcol. Neste sentido, cremos que o goberno municipal debería impulsar actividades nocturnas nas fins de semana como talleres de arte, música, manualidades, artesanía, deseño…, así como deportes indoor, cineclubes autoxestionados polos mozos e mozas, exposicións e mostras de arte, salas de ensaio adecuadas para a creación musical, intercambios culturais con alumnado estranxeiro, excursións, creación dun podcast… Todas estas actividades poden ter cabida en algún dos espazos públicos, que actualmente están sen uso, como o vello ambulatorio, que pode convertese dun centro cívico, interdisciplinar.

Por outra parte, desde o BNG tamén apuntamos como un problema, que xa denunciamos en pleno en diversas ocasións, a falta de policía local polas noites. Non se entende que o goberno municipal do PP, que hai poucos días aprobou unha subida do IBI do 25% mantén aos veciños e veciñas da Estrada sen este servizo, que é imprescindíbel, non só porque pode disuadir a comisión de actos vandálicos, senón que tamén poden servir de axuda para as urxencias da veciñanza do concello. É lamentábel que un concello como A Estrada non teña policía local de noite.

Publicacións Relacionadas