Home Vigo O Porriño Coque Malla presentará "El viaje del astronauta gigante" este venres no Porriño

Coque Malla presentará “El viaje del astronauta gigante” este venres no Porriño

- Anuncio -

● O artista madrileño chega mañá venres a O Porriño para dar un dos últimos concertos de ‘El viaje del astronauta gigante’. Será unha noite moi especial e a última oportunidade de velo en directo, polo menos durante un tempo, xa que anuncia un descanso indefinido nas súas xiras


● O alcalde de O Porriño, Alejandro Lorenzo, asegurou que “concertos como o do artista Coque Malla converte ao noso pobo nun referente con proxección nacional no ámbito cultural”


● O concerto do artista madrileño, enmarcado dentro dos actos Xacobeo 21·22 e da iniciativa Concertos do Xacobeo, está programado para as 22.00 horas e a entrada será libre ata completar aforo

O artista madrileño Coque Malla actuará mañá venres 23 de de setembro (22 h) no exterior do pavillón municipal do Porriño para ofrecer un dos últimos concertos de ‘El viaje del astronauta gigante’. Será unha noite moi especial e a última oportunidade de ver a este artista referente do rock e o indie deste país en directo, polo menos durante un tempo, xa que anuncia un descanso indefinido nas súas xiras.
“A presenza e o impulso dun concerto como o de Coque Malla nas festas do Cristo dá á nosa vila un plus de interese dentro da ruta do Camiño Portugués, e unha excusa perfecta para achegarse á gastronomía, ao patrimonio e, sobre todo, á cultura loca, que esa noite tamén terá presenza no escenario da man do artista local Raúl Ben”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.
Coque Malla e a súa banda regresan coa súa nova xira ‘El viaje del astronauta gigante’ na que presentará as cancións do seu último disco. Un repaso a toda a súa traxectoria, desde o seu debut adolescente cos Ronaldos con cancións como ‘No puedo vivir sin ti’, ‘Adiós papá’ ou ‘Por las noches’, desde os grandes fitos da súa carreira en solitario, o camiño percorrido entre ‘Soy un Astronauta más’ e ‘La hora de los gigantes’ con grandes hits como ‘Me dejó marchar’”, ‘Berlín’ e ‘Un lazo rojo’, ata as súas colaboracións con outros artistas e, por suposto, os temas inéditos como ‘Una sola vez’, o seu último éxito.
Despois de tres anos moi intensos, cargados de concertos, esta xira é ademais unha última oportunidade para ver en directo a Coque Malla durante un tempo. Tras ‘El viaje del astronauta gigante’ Coque anuncia un descanso indefinido nas súas xiras, un punto de inflexión nos seus trinta e cinco anos de carreira, nos que o escenario foi sempre a súa gran paixón.

Contar cunha programación musical do Xacobeo 21·22 na vila, significa tamén ofrecer unha oferta atractiva para os peregrinos que necesariamente paran no pobo, ao ser fin dunha etapa e comezo da seguinte, con todo o que isto supón. Ofrecerlles experiencias coma esta, en forma de música de calidade, de desfrute e goce na parada intermedia, ademais da gastronomía ou o patrimonio.
O concerto está programado para as 22 h e a entrada será libre ata completar aforo. Lembramos que, a continuación, celebrarase o “Louro Valley Festival”.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas