Home Pontevedra Cortado ao tráfico provisionalmente un dos carrís da Avenida Santa Mariña

Cortado ao tráfico provisionalmente un dos carrís da Avenida Santa Mariña

- Anuncio -

A empresa construtora deu aviso ao concello da aparición dun problema de última hora que facía preciso dito corte “para solucionalo de forma inmediata” o que impediu que o Concello puidera avisar con antelación á veciñanza sobre este corte

A empresa que realiza os traballos de humanización da Avenida Santa Mariña deu conta na mañá de hoxe da aparición dunha incidencia nas obras, totalmente allea ao Concello, que fixeron preciso o corte dun dos carrís de circulación na antedita vía. Por parte da empresa sinalouse á necesidade de atallar o problema de “xeito inmediato polo que non houbo tempo para transmitir á cidadanía a realización deste corte de tráfico”, explicou a alcaldesa Digna Rivas.

O tráfico rodado está sendo regulado por semáforos e o Goberno local conta con que o venres estea totalmente restablecida á normalidade. Digna Rivas agradeceu “a comprensión da veciñanza ante os inconvenientes que orixina toda obra de calado e que, como en este caso, atopase con imprevistos aos que é preciso darlle unha resposta o máis rápida posible”.

Rivas lembrou que tanto ás obras que se realizan na Avenida Santa Mariña como as que se desenvolven na Praza de Ponteareas “transformarán as dúas principais vías de entrada ao casco urbano convertendo eses espazos en lugares máis agradables para a cidadanía e gañando zonas de ocio e desfrute para as veciñas e veciños”.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas