Cortes de tráfico no centro urbano do Porriño pola celebración de Porrigalia

adminON
Lectura mínima de 1
  • ●      As restricións de tráfico aplicaranse nas rúas onde se desenvolverá a festa os días 13 e 14 de xullo procurando o menor prexuízo á cidadanía

A Policía Local do Porriño informou hoxe dos cortes e restriccións de tráfico que se aplicarán os días 13 e 14 de xullo no centro urbano do Porriño pola celebración da Porrigalia.

O sábado día 13 sobre as 12:00 da mañá cortarase o tráfico durante o desfile olímpico, desde o Parque Infantil da rúa Domingo Bueno ata a rúa Pío XII. O desfile continuará por esa rúa para xirar pola rúa peonil Ramón González ata a praza do Arquitecto Antonio Palacios.

O domingo día 14 a rúa Domingo Bueno permanecerá cortada desde o Centro Cultural Municipal ata a praza do Canteiro desde as 16:00 h ata as 24:00 aproximadamente.

Comparte este artigo