Difundir e pór en valor as danzas tradicionais por ter unha grande importancia cultural, social e educativa ao representar unha parte fundamental do patrimonio intanxible dos pobos é o obxectivo do Festival Internacional Algazara “Danzando entre culturas” segundo explicou a Agrupación Folclórica Algazara que en colaboración co Concello de Ponteareas organiza esta nova edición.
Na presentación do cartel o tenente de alcaldesa e concelleiro de Cultura, Juan Carlos González, salientou o traballo realizado por Algazara contribuíndo á preservación da identidade cultural dos pobos, a manter viva a memoria colectiva dos mesmos e ao fortalecemento do sentido de pertenza. “Cada danza tradicional é unha expresión artística que reflicte a historia, crenzas, costumes e valores dunha comunidade. Participar en danzas tradicionais fomenta a unidade e o orgullo cultural, algo que en Ponteareas sempre temos presente”.
A danza é un medio para reafirmar a identidade local ou nacional, sobre todo en contextos de diversidade cultural ou migración.Comunican emocións, historias, lendas e rituais sen necesidade de palabras sendo unha forma de expresión artística colectiva, onde música, vestimenta e movemento se integran para contar algo significativo. Así o farán o vindeiro domingo 27 de xullo ás 22:00 horas os grupos de danza tradicional “Compañía Artística Mien-Moh” de Costa de Marfil, o conxunto de canto e danza “Shurq Salodari” de Uzbekistán, o WICI Song & Dance Theatre de EEUU e e Triskari Dantza Taldea de Euskalherría e Galicia, representada pola Agrupación Folclórica Algazara.
No escenario do parque da Feira Vella poderemos admirar os fermosos traxes tradicionais destes países, coñecer as súas danzas e pasos de baile e os sons das súas músicas.
Así, música, cor e ritmo únense para ofrecer un espectáculo único e gratuíto que cada verán visita Ponteareas.
Ensinar e aprender danzas tradicionais desenvolve disciplina, coordinación, traballo en equipo e respecto por outras culturas. “As danzas tradicionais forman parte do patrimonio cultural inmaterial que atrae a turistas interesados en experiencias auténticas, que impulsan festivais e contribúen á dinamización cultural e social aportando o seu gran de area desenvolvemento local. Felicitamos á Agrupación Folclórica Algazara polo traballo destes once anos”, sinalou a alcaldesa, Nava Castro, durante o acto de presentación do cartel.
Alcaldesa e tenente de alcaldesa recoñeceron o papel fundamental das agrupacións folclóricas que dende o rural promoven o coñecemento da cultura popular posicionándose como principal ferramenta para prolongar este legado.
Compañía Artística Mien-Moh
Creada en 2016, a Compañía Artística Mien-Moh é hoxe un dos principais grupos folclóricos da Costa do Marfil, destacando polo seu dinamismo, o esplendor dos seus traxes e a disciplina dos seus membros. A compañía xa actuou en todos os grandes palcos do seu país de orixe, incluíndo unha participación na cerimonia de apertura da Copa das Nacións Africanas de Fútbol en 2024, y viaxa anualmente a Europa desde 2019 (con excepción do período da pandemia), pasando por países como Bélxica, España e Portugal.
Co obxetivo de preservar e valorizar o patrimonio cultural único e diverso da Costa de Marfil, a compañía tamén dá formación a estudantes en varias escolas primarias e recibe convidados estranxeiros. O seu repertório inclue dúas pezas da lista do patrimonio inmaterial da UNESCO: a máscara Zaouli e o balafon (xilófono de madeira). As danzas marfinenses caracterizanse sobre todo polos seus pasos extremamente rápidos e baixos: os bailaríns permanecen frecuentemente curvados, “a pairar” sobre os pés. Moitos comentan que asistir a unha atuación da Mien-Moh é como entrar nun avión e voar moi alto, sendo transportado a outra dimensión polo ritmo incesante dos t UZBEKISTÁN
“Shurq Sadolari”
O Conxunto de Canto e Danza “Shurq Sadolari” foi creado en 2024. O principal obxetivo das súas actividades é promover e desenvolver amplamente a arte e as tradicións folclóricas nacionais, especialmente entre os xoves, contribuíndo á preservación do patrimonio cultural do país. O conxunto procura dar a coñecer ao pobo os xoves talentosos do Uzbekistán, descubrir novos talentos e divulgar amplamente a arte nacional uzbeca en festivais internacionais, competicións, programas de concertos e festivais folclóricos. ambores e pola maxia da danza.
WICI Song & Dance Theatre
O WICI Song & Dance Theatre foi fundado en 1972 en Chicago. A súa misión era promover a cultura folclórica nas comunidades da área de Chicago a través do canto, da danza e da música. En 1983, o WICI foi establecido como unha organización sen fins lucrativos de caridade no estado de Illinois e gañou notoriedade ao conseguir múltiples patrocínios na área de Chicago. En 2025, o WICI celebrará o seu 50.º aniversário!
Ao longo dos anos, o WICI ten actuado en diversos eventos locais, municipais e estatais por toda a América do Norte. O conxunto recibiu varios premios. Desde a sua fundación, mais de 8.000 persoas participaron nas atividades do grupo.
Triskari Dantza Taldea
Triskari Dantza Taldea é unha asociación cultural que desenvolve a súa actividade principal no municipio de Urkabustaiz (ALAVA)
Triskari Dantza Taldea naceu en 2014 como Asociación, pero desde hai 25 anos vén impartindo clases de danzas vascas.
Na actualidade conta con 65 dantzaris nun municipio de 1400 habitantes disperso en 10 localidades. O seu principal obxectivo é transmitir e conservar o folclore tradicional vasco (xogos, danzas, músicas, cancións, costumes, artesanía e vestiario). Pero todo iso vai de forma natural unida á nosa lingua o EÚSCARO.