HomePontevedraA ParadantaCovelo celebrou unha tarde de tradición, música e sabor no Magosto 2025.

Covelo celebrou unha tarde de tradición, música e sabor no Magosto 2025.

- Anuncio -spot_img

O Concello de Covelo, a través da súa Concellería de Cultura, celebrou o pasado sábado 8 de novembro unha nova edición do Magosto de Covelo 2025, unha das festas máis queridas do outono. A cita tivo lugar na Praza Mestre Cerviño, onde veciños e veciñas reunironse para compartir unha tarde chea de sabor, música e tradición.

Durante a xornada, as persoas asistentes puideron gozar das clásicas castañas asadas, chouripán e bebidas, ademais dun obradoiro infantil “Ourizos de Lá”, que fixo as delicias dos máis pequenos. A animación musical correu a cargo da charanga “Os Encerellados”, que puxo o ritmo festivo a unha tarde chea de alegría e convivencia.

O alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo, destacou que “sempre é especial desfrutar dun magosto entre a veciñanza, unha festa que mantén viva a nosa tradición e que reforza os lazos entre todas e todos”.

Desde a Concellería de Cultura, agradeceuse a participación de toda a veciñanza e o entusiasmo coa que se celebrou esta festa tan arraigada no municipio.

O Magosto de Covelo 2025 foi organizado polo Concello de Covelo coa colaboración da Deputación de Pontevedra, que apoia a dinamización cultural e as tradicións populares.

Publicacións Relacionadas