Free Porn
xbporn
Home Pontevedra A Paradanta Covelo procede à reforma interior da escola de Redondo, en Barcia de...

Covelo procede à reforma interior da escola de Redondo, en Barcia de Mera

- Anuncio -


Os traballos suporán un investimento de 32.175,88€ obtendo dúas zonas diferenciadas, unha para vestiarios do equipo de fútbol e outra para actos culturais

O Concello de Covelo contrata os traballos de reforma interior da escola de Redondo, na parroquia de Barcia de Mera. Con esta intervención crearanse dúas zonas diferenciadas, unha destinada a vestiarios para o equipo de fútbol que utiliza o campo anexo e outra zona que poida utilizarse como sala para actos culturais, lúdicos ou educativos.

Os traballos suporán un investimento de 32.175,88€ e consistirán na instalación de falsos teitos na zona de vestiarios, rexuntado e tratamento das paredes interiores de pedra, alicatado en vestiarios, acondicionamento dos aseos para facilitar a súa accesibilidade a persoas con mobilidade reducida, substitución das portas interiores e exteriores, mellora da instalación da iluminación e electricidade da estancia principal e pintado, entre outros arranxos.

Con esta actuación o Concello resolve os problemas de humidades e suciedade, os de deterioro polo paso do tempo,  a falta de accesibilidade e desperfectos ademais de actualizar fontanería e electricidade.

O edificio da escola de Redondo, de 118,68 m2, está situado dentro da área de protección da Capela de San Xosé, elemento catalogado do Patrimonio Cultural e incluído dentro do catálogo de elementos de bens culturais do PXOM de Covelo, aprobado en 1999.

Pablo Castillo, alcalde de Covelo, sinala que previamente se realizaron obras de mellora nas paredes exteriores e tellado eliminando filtracións de auga ao interior e restaurando as paredes para devolver as fachadas ao seu estado orixinal. Tamén se substituíu a carpintería de aluminio por unha máis acorde co edificio e coa súa contorna e rehabilitouse a porta principal. Tamén se realizaron traballos de rehabilitación do portal de entrada á parcela e acondicionamento básico da mesma.

Pablo Castillo engade que coas obras revitalizarase e darase continuidade ao legado do filántropo e empresario Agapito Serra Fernández que no ano 1929 mandou construír na súa aldea natal esta escola con capacidade para setenta alumnos e casa habitación correspondente para o mestre. Ao seu carón, financiou tamén a construción dunha capela dedicada ao seu santo patrón, San Xosé.

AGAPITO SERRA FERNÁNDEZ

Asentado en Lisboa montou o restaurante A Estrela de Ouro e creou unha fábrica de alimentos co mesmo nome acadando un importante éxito empresarial. En 1907 encargoulle ao arquitecto Norte Júnior edificar unha barriada de casas, que levaría o nome das súas empresas. Estas casas eran alugadas por un módico prezo aos seus traballadores e hoxe constitúen un dos barrios lisboetas máis característicos. Formado por uns 120 edificios, de dous e tres andares, tiñan acceso directo ao exterior e seguían modelos arquitectónicos de carácter ecléctico. Os edificios destacaban polos paneis de azulexos e os balcóns de ferro forxado.

Foi un destacado membro da colectividade galega asentada en Portugal, directivo de varias sociedades de socorros mutuos e un dos promotores da creación no ano 1931 do Centro Galego de Lisboa. Serra Fernández en sociedade con outros lisboetas, pasou no seu Cinema Royal o primeiro filme sonoro en Portugal.

Relacionadas

Os concellos de Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade organizan conxuntamente o “II Trail do Cervo”...

0
Realizarase en colaboración coa Asociación O Eido do Cervo sobre dous trazados: un de 34 quilómetros, á Conla e outro de 18, ao Maneses. Os...

Xornada formativa sobre a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica

0
Terá lugar mañá mércores día 23 ás 12:00 horas no auditorio municipal O Concello de Covelo informa da xornada informativa sobre Enfermidade Hermorráxica Epizoótica (EHE)...

O Museo Manuel Torres renova o sistema para colgar as obras e mellorar a...

0
A inversión, que ascendeu a 10.000 euros, procedeu dunha subvención da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades O Concello de Marín solicitou unha...

O Concello traballa en atopar financiación para os proxectos de saneamento e abastecemento de...

0
Entre ambas actuacións, precísase unha inversión de 1 millón de euros para dotar a 34 vivendas destes servizos básicos. Desde o Concello, aseguran que...

Sesión formativa gratuíta enmarcada no proxecto Alzheimer de Preto

0
O Concello de Mondariz informa que o venres 25 de outubro, de 16-20h., AFAMO (Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer do Morrazo) vai...

Luis López anuncia unha suba do 40%, ata os 350.000€, das axudas a confrarías...

0
O presidente provincial adianta este acordo nun encontro coa Federación Provincial de Confrarías para asinar convenio de colaboración para a prevención de riscos laborais O...

Publicacións Relacionadas