• O rexidor interesouse pola derradeira fase da humanización de Tenorio e as ampliacións da PO-234 con Ponte Caldelas e a PO-230 con Campo Lameiro. Ademais informoulles de que o Concello ten moi avanzado o Plan de Infraestruturas para a estrada Caroi-Cerdedo
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, mantivo unha xuntanza de traballo co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López Diéguez, e co xefe de Servizo de Infraestruturas, Manuel Juanatey no transcurso da cal analizáronse diversos proxectos que
vai a afrontar a administración autonómica en breve e que teñen como obxecto a terceira fase da humanización de Tenorio e as ampliacións e melloras dos viais autonómicos PO-234 con Ponte Caldelas e a PO-230 con Campo Lameiro.
Neste sentido o alcalde volveu expresarlle aos responsables autonómicos a máxima e mellor das disponibilidades posibles por parte do Concello de Cerdedo-Cotobade para levar adiante o máis axiña posible estes investimentos que teñen como epicentro a este municipio e informoulles de que o Concello ten xa moi avanzado o Plan de Infraestruturas para a estrada de Caroi a Cerdedo e que xa dispoñen do proxecto construtivo para a súa licitación.
O xefe de Servizo de Infraestruturas confirmoulle a Jorge Cubela que está xa moi avanzada a redacción do convenio para rematar a humanización de Tenorio. Con respecto á PO-234, Juanatey informoulle que os retrasos nesta obra débese, fundamentalmente, á tramitación dos correspondentes expedientes de expropiación do tramo que discurre polo municipio de Ponte Caldelas que, ao contrario que no concello de Cerdedo-Cotobade houbo que recurrir a esta vía ante a falla da cesión correspondiente de terreos como si se fixo na zona de Aguasantas.
De feito, os propietarios afectados polas expropiacións están citados os días 25 e 26 deste mes de xaneiro no salón de plenos do Concello de Ponte Caldelas para levar a cabo o levantamento previo de actas para seguir co procedemento administrativo.
Polo que respecta á PO-230, a estrada que une Praderrei (Campo Lameiro) coas localidades de Fentáns e Serrapio, no concello de Cerdedo-Cotobade, indicoulle que está previsto que o proxecto saia de xieto inminente a exposición pública.
Así, aproveitando esta actuación na PO-230 está previsto que se eliminen varias curvas que fan moi sinuoso o trazado deste vial que vertebra a comunicación viaria entre os concellos de Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro. Os alcaldes destes dous municipoios queren que a vía dispoña de dous cómodos e seguros carriles de 3 metros cada un máis 0,5 metros
en cada arcén convertindo a actual estrada nun vial de 7 metros de plataforma.
Cubuela agradeceulle ao delegado terriotorial, Luís López, o compromiso da Xunta con estes proxectos e pregoulle celeridade ao tempo que se puxo en disposición total de colaborar en todo aquello que a administración autonómica precisara e poidera favorecer a execución destas obras.



