Home Pontevedra Cubela: “Aquí os puxeron os pontevedreses para representalos, para debater sobre o...

Cubela: “Aquí os puxeron os pontevedreses para representalos, para debater sobre o que lles gusta e tamén sobre o que non”

- Anuncio -

• Critica a “falta de talante” de PSOE e BNG, “incapaces de debater a maioría das mocións que presentou o Partido Popular”.


• “Cando lles faltan argumentos sempre saen cos tres mandamentos: Feijóo, o PP e a Xunta”.

O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Jorge Cubela, lamentou esta mañá “a falta de talante” de PSOE e BNG na Deputación de Pontevedra, “incapaces” de debater dúas das tres mocións que presentou o PP para debate.

“Como se lle nota a este Goberno cando lle molesta algún tema, cando algo non lle interesa ou quere escapar de determinadas cuestións”, criticou Cubela, que recordou que “aquí os puxeron os pontevedreses para representalos, para debater sobre o que lles gusta e tamén sobre o que non”.

Foi durante a celebración do pleno ordinario de xullo, no que o PP presentou unha moción para esixir ao Goberno central que execute integramente os orzamentos previstos para este ano nesta cidade e se incremente para os próximos anos; reclamou que a Deputación colaborase e apoiase a campaña de micromecenado de Cáritas para construír un albergue para persoas sen fogar na cidade de Pontevedra; e esixiu un plan para implantar, renovar e mellorar a rede de abastecemento e saneamento dos pequenos e medianos concellos. Tanto PSOE como BNG rexeitaron participar no debate das dúas primeiras, “unha actitude que amosa moi pouca valentía pola súa parte”.

Ademais, o voceiro popular acusou a PSOE e BNG “de demogaxia” na única contestación á moción do PP, na que se reclamaba colaboración cos concellos para mellorar as redes de saneamento e sumidoiros municipais. “Esta é unha moción totalmente constructiva, e cando lles faltan argumentos sempre saen cos tres mandamentos: Feijóo, o PP e a Xunta”.

REDE SANEAMENTO E ABASTECEMENTO DE AUGA
Os populares lamentaron que tanto PSOE como BNG rexeitasen dotar de fondos un plan que permita a implantación, renovación e mellora da rede de abastecemento e saneamento dos concellos de menos de 20 mil habitantes. “Parécelles insensato axudar á comunidade de augas de Bértola, Ventosa ou Ponte Borela? Saben que hai concellos que están pechando as traídas públicas polas mañás porque non chega a auga? Ou que non hai cartos para axudar ás comunidades de auga?”, silanou o deputado popular, que recordou que “a 20 quilómetros desta cidade hai lugares que non contan con proxectos de saneamento. E non é unha discusión, é realidade. Pero como os deputados do Goberno non saen da Deputación nin escoitan aos alcaldes e alcaldesas desta provincia, parece que non se enteran”.

Cubela recordou que é competencia municipal e, polo tanto, tamén da Deputación que debe dar resposta a onde non chegan os pequenos e medianos concellos da provincia. “Esiximos que este Goberno non relegue á Deputación a mirar cara outro lado ante un problema tan grave para os concellos e para os veciños”, defendeu. Ademais, recordou que “si o PP presenta esta moción é porque a Deputación non ten nada. En seis anos non dedicou nin un só euro en axudar ás comunidades de usuarios de augas do rural”.

APOIO PARA ALBERGUE DE CÁRITAS EN PONTEVEDRA
Os grupos de Goberno tamén rexeitaron apoiar e colaborar coa campaña de micromecenado de Cáritas para construír o albergue para persoas sen fogar na cidade de Pontevedra. Cubela lamentou que mentres no pleno municipal de Pontevedra e cos mesmos partidos, Cáritas rexistrou en prazo e tempo unha declaración que aínda que o alcalde non leu si someteu a pleno, e cunha moción do PP que vai ser ditaminada en comisión.

“E tampouco entendemos por que outras deputacións galegas e españolas si poden colaborar con Cáritas, con achegas de 190 mil euros, moitos menos cartos dos que leva Balaídos, e non pode facelo a Deputación de Pontevedra”. Así, recordou que Cáritas brinda axuda e apoio a persoas en risco de exclusión social, facilitando servizos básicos. “Cáritas fixo unha chamada aos tres grupos políticos desta corporación, que só atendeu o Partido Popular. Se non estamos cos bancos de alimentos, con Cáritas, con Cruz Vermella, para que estamos en política? É algo que debería unirnos neste pleno. De verdade non temos nada para axudar a Cáritas nunha Deputación que manexa un orzamento de 165 millóns de euros?”.

INVESTIMENTOS PARA PONTEVEDRA

Pola súa parte, a deputada Pepa Pardo denunciou a “falta de investimentos do Goberno central coa cidade de Pontevedra”, que cualificou como “un insulto” ao falar da falta de execución de “proxectos fundamentais” como o nudo dos bombeiros, a circunvalación de Pontevedra ou o paseo entre Pontevedra e Marín. “Non existe empatía de Pedro Sánchez nin con Galicia nin con Pontevedra”, e por iso o PP plantexaba reclamar ao Goberno central executar íntegramente as partidas dos orzamentos deste ano e aumentar os investimentos nos anos próximos. Proposta que, do mesmo xeito que as mocións anteriores, tamén foi rexeitada por PSOE e BNG.

REGULAMENTO TELETRABALLO
Con respecto ao resto da orde do día do pleno, Pardo lamentou que o Goberno provincial non ofrecese ao PP a oportunidade para participar no regulamento do teletraballo, “a pesar de que foi este partido quen propuxo en xaneiro de 2020 a necesidade de implantalo”. Por iso, anunciou que a pesar de que o PP está a favor do teletraballo, considera que “é importante completalo” e por iso os populares abstivéronse nas votacións e presentarán alegacións ao documento. Pardo lamentou, ademais, que non se tiveran en conta as propostas dos sindicatos.

“En 2020 o PSOE dicía que xa existía un proxecto. O BNG que a proposta do PP era unha patacada. Pero co tempo demostrouse a urxencia e a necesidade de implantar este plan, tal e como reclamamos desde o PP”, salientou. Nesta liña, subliñou que “conciliación e corresponsabilidade deben ir da man”, e por iso aposta “por unha reorganización do traballo, facelo máis flexible, eficaz e eficiente”.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas