Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Cubela castiga aos veciños e veciñas avalando a suba escandalosa da taxa...

Cubela castiga aos veciños e veciñas avalando a suba escandalosa da taxa do lixo imposta por SOGAMA

- Anuncio -

Ernesto Filgueira acusa a Cubela de priorizar os intereses do PP fronte a os dos veciños e veciñas de Cerdedo-Cotobade

O BNG de Cerdedo-Cotobade levou ao pleno municipal de setembro unha moción contraria á decisión unilateral de SOGAMA de subir de forma desproporcionada a taxa do lixo a concellos e veciñanza, que foi rexeitada cos votos do alcalde e do PP, polo que a partir do ano que vén a veciñanza sufrirá no seu peto a suba abusiva decretada por SOGAMA.
O portavoz municipal do BNG lembrou que xa o pasado 23 de xullo, Sogama aplicou unha subida que levou o canon dos 68,05 euros a 88,05 euros por tonelada, incremento que foi duramente criticado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que aprobou unha resolución, a instancias do BNG, rexeitando esta medida cualificada como “escandalosa e desproporcionada”.

A nova proposta de incremento do canon, a partir do vindeiro ano, será de 108 euros tonelada que supón unha suba de máis do 60% respecto dos 68,05 euros que estaban en vigor ata xuño deste ano.

Ernesto Filgueira critica esta suba desmedida para un modelo de tratamento centralizado, obsoleto, caro e antiecolóxico, no que máis do 80% dos residuos van para incinerar ou para un macrovertedoiro, que son os métodos que penaliza a Directiva europea de residuos.
“O fracaso do modelo SOGAMA é evidente, estando á cola do Estado en reciclaxe e moi lonxe das porcentaxes que marca a Unión Europea. Úrxenos, pois, cambiar ese modelo por outro que aposte pola compostaxe, a reciclaxe e a reutilización”, afirmou Filgueira.
“É triste, señor Cubela, que obvie esta realidade e perda a súa dignidade pola súa obediencia cega aos dictados do seu partido, que o leva a ir directamente en contra dos seus veciños e veciñas.

Relacionadas

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Mos volta ser protagonista de La Vuelta na súa 80ª edición e cando cumpre...

0
Tras as etapas Mos-Sanabria de 2020 e Sanxenxo-Mos de 2021, o vindeiro ano 2025 a localidade mosense será meta da etapa 16, Poio-Mos, que...

Novo trazado proxecto no túnel Autovía Vigo-Porriño

0
-         Nidia Arévalo esixe de novo a gratuidade da AP-9 e que se recupere o trazado do proxecto en túnel que figura no PXOM mosense -         A...

A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos o coñecemento...

0
“Cremos que é fundamental establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de...

O Concello de Portas métese de cheo no Nadal coa entrega de premios do...

0
O alcalde Ricardo Martínez aproveitará estes actos da fin de semana para felicitarlle as festas á veciñanza O concello de Portas vivirá unha fin de...

A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará...

Publicacións Relacionadas