HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCubela decreta 3 días de loito oficial polas vítimas do accidente de...

Cubela decreta 3 días de loito oficial polas vítimas do accidente de autobús ocurridas na parroquia de Pedre

- Anuncio -spot_img

• O Concello de Cerdedo-Cotobade convoca á veciñanza a participar nun minuto de silencio en memoria dos falecidos, durante a concentración que terá lugar mañá luns ás 12 do mediodía na Praza do Concello, diante da sede oficial do Consistorio en Cerdedo

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, decretou 3 días de loito oficial en todo o Concello en memoria das vítimas mortais do accidente do autobús ocurrido onte á noite na parroquia de Pedre.

Asimismo, o rexedor decidiu convocar á veciñanza a unha concentración solidaria que terá lugar mañá ás 12 do mediodía na Praza do Concello, diante da sede administrativa do Consistorio en Cerdedo, durante cal os asistentes gardarán un minuto de silencio.

Con este acto, a Corporación Municipal quere expresar a solidariedade do pobo de Cerdedo-Cotobade coas familias e amigos dos seis falecidos, así como cos dous feridos, e enviarlles nestes momentos tan difíciles unha mensaxe de pesar ante a traxedia que marcou a Noiteboa e o Nadal non so no municipio senón a nivel de toda Galicia e España.

Publicacións Relacionadas